A Coruña: obradoiro O ollo da Arte. Laboratorio, impartido por Antía Otero

O ollo da Arte. Laboratorio é un obradoiro de creación artística contemporánea impartido por Antía Otero, ou, o que é o mesmo, un laboratorio de creación que está pensado para aprender facendo.
Por iso, se tes unha idea, un proxecto artístico no que leves tempo pensando, un bosquexo que che bule na cabeza e queres participar nun proceso compartido entre máis persoas con inquietudes comúns, ou se non tes nada pensado pero posúes inquietudes artísticas, ganas de deixarte levar e aprender dos demáis e da deriva, O ollo da Arte está aberto para ti.
Empregando a práctica, ferramentas que nos axuden a colocarnos na propia experiencia artística, xerando dinámicas de grupo nas que tod@s sexamos creadoras e espectadores a un tempo e marcando un plan de traballo, dende a primeira xornada teremos a oportunidade de colocarnos na pel d@ outr@ e de acompañarnos nos procesos partindo dunha vía de traballo personalizada para cada participante.
Ao longo do laboratorio teremos a visita de dous creadores que traballen en activo e que se achegarán a Normal para compartir co alumnado as súas experiencias, guiar os proxectos e aportar novas ferramentas.

Datas: todos os luns entre o 22 de febreiro e o 30 de maio de 2016.
Horario: de 19:00 a 21:00 horas (30 horas en total).
Lugar: Aula Circular de NORMAL.
Prezos: 35€ comunidade universitaria da UDC (25€ en segunda matrícula) / 45€ persoas desempregadas ou cunha discapacidade igual ou superior ao 33%. (35 € en segunda matrícula) / 65€ público xeral (55€ en segunda matrícula).
Participantes: máximo de 15 persoas.
O prazo de matrícula e pagamento comprende desde o día 28 de xaneiro até o 11 de febreiro. Pode facerse directamente nesta plataforma en liña.

Máis información en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
Tlf: 881014052 en quenda de mañá. Mail: info@istoenormal.org “