Xosé Henrique Rivadulla Corcón: “A Costa da Morte non tería a súa maxia sen os escritores”

EntrevistaX. H. Rivadulla Corcón AELG a Xosé Henrique Rivadulla Corcón en La Voz de Galicia:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): ¿Por que Moraime [Moraime, pequena vila do mar]?
– Xosé Henrique Rivadulla Corcón (XHRC): De Moraime o único que ten é o título. A vila da que falo é un lugar ficticio. Ao buscar o nome veume este nome porque eu son de Muxía, e Moraime é un lugar emblemático para min, unha referencia na miña vida. Alí íamos de cativos a entrar nos hortas, coller o millo para asalo… é un sitio mítico e moi especial. (…)
– LVG: E sempre coa Costa da Morte de pano de fondo. ¿Sería vostede hoxe un escritor se non existise a Costa da Morte?
– XHRC: Penso que non. A miña orixe literaria parte claramente de Muxía. Hai un feito moi concreto que me marca como escritor. En 1975, cando tiña 13 anos, descubrín a Rosalía de Castro dun xeito consciente a través da música de Amancio Prada. E foi a través dun mariñeiro, Alejandro O Fundador, que trouxo unha casete ao grupo de amigos, lamentablemente el xa non está. Así empezou a miña necesidade de escribir. ¿Pero sabes que?
– LVG: Diga.
– XHRC: Aínda que é certo que moitos escritores e artistas non o serían sen a Costa da Morte, a Costa da Morte non sería o que é sen os artistas. A través desa literatura, e tamén escultura e pintura, esta zona non tería esa maxia tan especial sen os escritores e demais artistas. Para min en Galicia iso acontece con outras dúas zonas como son a Terra Cha e o Courel.”