Con barqueira e remador. V Obradoiro Internacional de Tradución Poética, do 17 ao 22 de outubro

No conbarqueira_remador_2016programa de Con barqueira e remador. V Obradoiro Internacional de Tradución Poética a AELG colabora canda o Concello de Pontevedra no acto do mércores, 19 de outubro, ás 20:00 h., na Casa da Luz (Praza da Verdura, Pontevedra), coa presenza de Mercedes Queixas. Mostra tanto do traballo poético das persoas participantes no obradoiro coma do labor de tradución ao galego desenvolvido durante o proxecto.
A illa de San Simón, en Redondela, volve ser o escenario do Obradoiro Internacional de Tradución Poética Con barqueira e remador, que celebra a súa quinta edición coa participación de seis recoñecidos poetas e tradutores procedentes de diversos países. A galega Dores Tembrás, o croata Damir Šodan, a búlgara Tsvetanka Elenkova, o estoniano Igor Kotjuh, a galega e poeta en castelán Miriam Reyes e o ucraíno Ostap Slyvynsky son os protagonistas dunha edición que se desenvolverá do 17 ao 22 de outubro baixo a dirección da tamén poeta e dinamizadora cultural Yolanda Castaño.
Co patrocinio da Consellería de Cultura e Educación e do Concello de Redondela, ademais do apoio da AELG entre outras entidades.
Para alén das sesións de tradución, o evento inclúe tres recitais abertos ao público que se desenvolverán na Casa da Luz de Pontevedra (19 de outubro, 20:00 horas), no Mercado Progreso de Vigo (día 20, ás 19:00 horas), e no Multiúsos da Xunqueira, en Redondela (día 21, ás 20:00 horas).
Toda a información pode ser consultada aquí.

con_barqueira_e_remador_2016_005con_barqueira_e_remador_2016_016