Iª Festa da narración oral, en Arca – O Pino

A Iª Festa da Narración Oral celebrarase en Arca – O Pino (A Coruña) o sábado 7 de xullo de 2007. Está aberto o prazo de inscrición (consultar aquí). Na Festa haberá actividades de formación de educadores e educadoras (previa inscrición). Haberá tamén actividades abertas ao público de todas as idades, incluída a de contar contos (gratuíta, previa inscripción tamén).
Durante a xornada intervirán, entre outros/as: Carlos Blanco, Cándido Pazó, Miguel de Lira, Pepe Penabade, Paula Carballeira, Iolanda Aldrei, Pepa Yáñez, Xabier P. Docampo, Ugia Pedreira e o ilustrador Xosé Cobas.

A Semana das Letras da Galería Sargadelos de Ferrol

O luns 7 de maio, de 12:00 a 13:30 horas, terá lugar a presentación do libro de Fina Casalderrey A lagoa das nenas mudas, editado por Xerais. No acto, enmarcado dentro da Campaña Educar para ler, intervirán a autora e Manuel Bragado, director de Edicións Xerais.
O mesmo luns 7 de maio, ás 20:00 horas, terá lugar a presentación do libro Textos filosóficos-políticos de Ramón Vilar Ponte, editado polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. O acto, en colaboración coa Asociación Cultural Medulio, será presentado por Elia Rico e Pilar García Negro, autora da introducción do libro.
O martes 8 de maio, ás 20:00 horas, o Grupo Gadisa celebrará o Día das Letras Galegas presentando o libro de José Díaz Dopico A noite de Reis, editado por Gadisa. O libro será presentado por Perille, Xosé María Dobarro, Antonio Cortés e Ana Lago, e contaremos coa presenza ademais do
autor e do artista Xosé María González Collado, ilustrador da obra.
O xoves 10 de maio, ás 20:00 horas, terá lugar unha mesa redonda sobre o uso do galego na ESO. No acto intervirán Eduardo Fra Molinero e Bernardo Máiz, profesores do IES Concepción Arenal e Anxos García Fonte, profesora do IES de Mugardos.
O venres 11 de maio, de 16:00 a 21:30 horas, terá lugar unha gravación en vídeo e unha sesión fotográfica da lectura de poemas clásicos e propios dos socios da Asociación de Escritores en Lingua Galega de Ferrolterra: Tucho Calvo, Francisco Pillado, Antón Cortizas, Rosa Méndez, Antonio Yáñez, Arturo Casas, Carmen Sotelo, Medos Romero, Xosé Leira, Ramón Loureiro, Alexandre Ripoll Anta, Xavier López, María Xosé Lamas…

Programación de maio da Casa do libro de Vigo

Venres 4: Homenaxe a Gonzalo Anaya co gallo da presentación do volume Gonzalo Anaya. La passió educativa, editado pola Universidade de Valencia. No acto intervirán Xesús Alonso Montero, Antón Costa, Antía Cal, Blanca Caamaño e Manuel Bragado. Ás 20 horas.
Xoves 10: Presentación do libro de Xosé Carlos Caneiro De bar en bar, editado por Difusora das Artes e das Letras. Ás 20:00 horas.
Venres 11: Presentación e recital co gallo da presentación do libro colectivo Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo. No acto recitarán Paula Mariño, An Alfaya, Francisco Pazos, Marta Dacosta, Marcos Juncal, Xesús Alonso Montero, Elvira Riveiro, Manuel Vilanova, Anxo Angueira, Xurxo Sierra Veloso, Vitor Vaqueiro, Manuel Veiga, Manuel Vidal Villaverde e Francisco Castro. Ás 20:00 horas.
Martes 15: Presentación do libro de Mariana den Hollander, El peso que + pesa, de Áurea Editores. Xunto coa autora participará no acto o escritor Francisco Castro. Ás 20:00 horas.
Martes 22: Presentación do libro O son das buguinas, editado por Xerais. Ás 20:00 horas.
Venres 25: Presentación do libro de César Cunqueiro, No Eurídice de nuevo, editado por Trea. Interveñen: Álvaro Huici (Director da colección e poeta) Martínez Haro (Catedrático de literatura de secundaria en Sevilla) a artista Uxía Blanco, que recitará poemas, e César Cunqueiro (poeta). Ás 20:00 horas. Ao remate do acto servirase un cóctel.
Martes 29: O día dos lector@s. Tertulia literaria dirixida polo escritor Francisco Castro. Ás 20:00 horas.