Pontevedra: actos destacados na Festa dos Libros 2018 para o 22 de xuño

O 22 de xuño comeza a Festa dos Libros 2018, na praza da Ferrería de Pontevedra, organizada polo Concello de Pontevedra e as librarías da cidade. O horario será de 11:00 a 14:30 h. e de 18:00 a 23:30 h. Os actos máis destacados para ese día son os seguintes:

12:30 h. “Pontevedra si ten quen lle escriba”. Rafael L. Torre, Rafael Fontoira Surís e Xosé Fortes. ESCENARIO. Presenta Miguel Ángel Rodríguez.
12:30 h. Blanca Millán, Lola e as 21 vacas. Editorial Triqueta verde. La Nube de Papel.
12:30 h. Loli Veloso, Siro cos nenos; Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda no corazón dos nenos; Isaac Díaz Pardo para as nenas e os nenos galegos. Beneficios da venda destes libros destinados á investigación do cancro en pro da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e apoio a crianzas de Nicaragua. Clip.
13:30 h. Rosa Espiñeira, Elerre e Marta Purriños, Certezas alumeadas de Luís Seoane. Figurandorecuerdo(s)Edicións. ESCENARIO.
13:30 h. Rafael Fontoira Surís, Xan do Arrabaldo. Edicións Laiovento. Paz.
18:30 h. Adrián Morgade, Xinfu na maldición guauchuky. Xerais. Aviones de papel.
18:30 h. Elerre, STOP. Figurandorecuerdo(s)Edicións. Metáfora.
19:00 h. Manuel Lourenzo González, Ceiba de Luz. Xerais. ESCENARIO. Presenta Manuel Bragado.
19:30 h. Montse Fajardo, Invisibles. Luna Nueva.
19:30 h. Montse Pena, A voz insurrecta: María Victoria Moreno, entre a literatura e a vida de Xerais e Feminismos e literatura infantil e xuvenil en Galicia de Laiovento. Libraría Paz.
20:00 h. Poesía e edición. Galicia e Portugal. Genaro da Silva, Antón Blanco Casás, António Sá Gué, da editorial Lema d’Origem e César Lorenzo Gil. Aira Editorial (Allariz). ESCENARIO.
20:00 h. Carlos Taboada, A biblioteca de Pedrarcana. Xerais. Espazo Lector Nobel.
20:15 h. Manuel Lourenzo González, Ceiba de Luz. Xerais. Libraría Paz.
21:00 h. Mesa redonda sobre María Victoria Moreno. Interveñen Eli Ríos, Fina Casalderrey, Montse Pena, Xavier Senín, Montse Fajardo e Ánxela Gracián. Modera Manuel Bragado. ESCENARIO.
22:00 h. Proxección do documental. María Victoria Moreno. Galega por amor. ESCENARIO.
22:00 h. Fina Casalderrey, A muller que durmía pouco e soñaba moito. Xerais. Seijas.

Carlos Taboada: “A existencia, traballo e accesibilidade das bibliotecas resulta fundamental para acadar unha sociedade mellor”

Entrevista a Carlos Taboada en Palabra de Gatsby:
“(…) – Palabra de Gatsby (PG): Cal é o xerme de A biblioteca de Pedrarcana (Xerais, 2018)?
– Carlos Taboada (CT): Os libros que nos cambian e a xente vencellada a eses libros. Familia, amigos, mestres, autoras, bibliotecarias, libreiras… Como son de importantes nas nosas vidas as bibliotecas que temos a man? Percorro decote centros de ensino e espazos de lectura de toda Galicia por medio do colectivo Polo Correo do Vento, facendo obradoiros de ilustración e actividades de animación á lectura, e sempre me fago esta pregunta… Os libros aos que temos acceso dende nenos, na nosa casa, no colexio, na nosa vila… O investimento en cultura de cada rexión, de cada país… Os profesionais que traballan neste eido poñendo paixón onde non chegan os medios… Son moi optimista, xa o sei (a tempo parcial, como dicía Galeano), mais penso que a influencia neste sentido é incuestionable e que mellora a nosa calidade de vida en moi diversos planos, mais lonxe de facer un asisado estudo ao respecto ocorréuseme contalo con moito humor nunha historia infantil e xuvenil.
– PG: Nesta obra ademais de autor tamén é o ilustrador…
– CT: A creación desta historia iniciouse con bosquexos de textos e debuxos por partes iguais. Fun escribindo e debuxando a un tempo os mapas, lugares, frases… Aínda que para o Premio Merlín unicamente enviei o texto. Neste sentido é de agradecer poder ilustralo tamén eu mesmo para a súa publicación, xa que a mestura de dúas formas de expresión por parte dun mesmo creador é unha versatilidade que sempre admirei en moitos autores como Jacobo F. Serrano, Anxo Fariña, Antoine de Saint-Exupéry, Eduardo Galeano ou Chris Riddell. Tiña moitas ganas de facelo e resultou moi divertido. (…)
– PG: Cal é para vostede a chave para construír un bo libro infantil?
– CT: A verdade é que descoñezo totalmente cal pode ser a chave para acadar un bo libro. Aínda así, eu escribo e debuxo pensando como son os libros que me gustan como lector. Os libros que non podes deixar de ler e reler, ben sexa polo seu humor, intriga ou polo seu estilo engaiolante. Aqueles que aínda que van dirixidos a un público infantil podan interesarme a min como adulto, como pedía Agustín Fernández Paz.
– PG: Como valoraría o momento actual do libro infantil en galego?
– CT: O panorama actual da LIX galega en canto ao nivel de autoras e autores é sen dúbida brillante. E cando digo autoría inclúo a ilustradores e ilustradoras. Obras tan divertidas como orixinais que veñen da man de nomes como Ledicia Costas, Xosé Tomás, María Solar, Lucía Cobo, Teresa G. Costa ou Jacobo F. Serrano (por citar algúns dos que máis me gustan), conforman un vizoso canon galego actual, non só polos premios que recollen a eito dentro e fóra de Galicia, senón pola morea de lectores aos que chegan e enfeitizan xa que ao final é o que importa. (…)”