Aberto o prazo de inscrición no curso: O folclore como recurso na estimulación cognitiva de persoas con demencia?

curso_folclore_e_alzh_imer_O Departamento de Educación do Museo do Pobo Galego e a Asociación Galega para Axuda dos Enfermos con Demencias Tipo Alzhéimer (AGADEA) colaboran, desde 2006, coa finalidade de estimular, a partir do patrimonio cultural que o Museo atesoura, ás persoas con demencias tipo alzhéimer. Como froito deste traballo, nace en 2016 a guía Activando a Memoria desde o Museo do Pobo Galego. O folclore como recurso para a estimulación cognitiva, pensada para implementarse desde o ámbito da educación patrimonial e da terapia cognitiva.
No curso O folclore como recurso na estimulación cognitiva de persoas con demencia?, Beatriz Rey e Carme Campo, coautoras da guía, explicarán as diferentes fases de traballo para elaborar estes materiais e porán en práctica varios dos exercicios recollidos nela.
Será no mércores 23 de Novembro, de 16:00 h. a 19:00 h. no auditorio do Museo do Pobo Galego. Está dirixido a persoas do ámbito terapéutico, das eduación patrimonial e a coidadores e coidadoras de persoas con doenzas tipo alzhéimer.
O curso é gratuíto e conta con prazas limitadas polo que é necesario inscribirse antes do 18 de Novembro en deac@museodopobo.gal ou no 981 583 620.

Santiago: presentación de Activando a memoria desde o Museo do Pobo Galego

convite-agadeaEste é o convite á presentación da publicación Activando a memoria desde o Museo do Pobo Galego. O folclore como recurso para a estimulación cognitiva, que se vai celebrar no martes día 20 de Setembro, ás 20h no auditorio do Museo co gallo da celebración do Día Internacional do Alzhéimer. Este traballo foi realizado desde o Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo en colaboración coa Asociación Galega para Axuda de Enfermos con Demencia Tipo Alzhéimer (AGADEA), co obxectivo de crear recursos asociados aos contidos do Museo para estimular cognitivamente a persoas afectadas por doenzas de tipo alzhéimer.