Mondoñedo é poesía 2016

Mondoñedo é poesia maio 2016ExpoLIBRO 2016 (Programa)

Vilalba: presentación de Cantigas para aprender a soñar, de María Xosé Lamas

OMaría Xosé Lamas venres 26 de febreiro, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, preséntase o poemario Cantigas para aprender a soñar, de María Xosé Lamas, publicado por Edicións Embora, con ilustracións de Minia Regos. No acto de presentación deste libro, que obtivera o Premio Arume de Poesía para nenos da Fundación Xosé Neira Vilas, participan Martiño Maseda e José Antonio Pita.

María Xosé Lamas gaña o premio Arume 2013 de poesía para nenos

Desde La Voz de Galicia:
“A profesora, escritora e actriz natural da localidade lucense de Vilalba, María Xosé Lamas Fernández, foi a gañadora da sétima edición do Premio Arume de Poesía para Nenos. O xurado deste certame literario reuníase o pasado martes en Gres para fallar un galardón que está dotado con 600 euros en metálico e a publicación da obra por Edicións Embora. O poemario gañador leva por título Cantigas para aprender a soñar.
Nesta edición foron doce os traballos presentados a concurso. O xurado que fallou o galardón estivo presidido por Xosé Neira Vilas, integrado por Juan Andrés Fernández Castro, Rosalía Morlán e Luís Reimóndez, en calidade de secretario. O acordo foi unánime, pero tamén se considerou oportuno outorgar varias mencións de honra dada a calidade dos traballos presentados. En concreto foron para Cando as follas voan, de Antón Cortizas, O libro dos medos que non o son, de María Canosa, e Versos e bicos, de Xosé Luna. María Xosé Lamas exerce como docente en Vilalba e conta cunha importante obra escrita, ademais de conseguir diferentes premios e destacar no seu labor a valor do teatro afeccionado. A entrega dos premios terá lugar o día 15 de decembro, a partir das 17.00 horas, na Fundación Xosé Neira Vilas.”