Ourense: presentación de A invención dun Deus. Xesús de Nazaret. II, de Xulio López Valcárcel

O 28 de marzo, ás 20:00 horas, no Café Cultural El Cercano (Rúa Cardeal Quevedo, 20), en Ourense, Xulio López Valcárcel presenta A invención dun Deus. Xesús de Nazaret II. A configuración do mito, publicado por Laiovento. No acto estará acompañador por Pura Veiga e Daniel López Vispo.

Ourense: presentación de Cando John Lennon coñeceu a Valle-Inclán, de Beatriz Maceda

O xoves 14 de decembro, ás 19:00 horas, en El Cercano (Rúa Cardeal Quevedo, 20), en Ourense, preséntase Cando John Lennon coñeceu a Valle-Inclán, de Beatriz Maceda Abeleira, publicada por Trifolium. A autora estará acompañada por Xián Bobillo e Xan Arias.