Vídeo da homenaxe da Real Academia Galega a Bernardino Graña en Nigrán

Mondoñedo é Poesía, o 1 de maio de 2022

Nigrán: Homenaxe da Real Academia Galega a Bernardino Graña

Foz: actos destacados da Feira do Libro do xoves 18

OFeira do Libro de Foz 2016 xoves 18 de agosto comeza a Feira do Libro de Foz (na Praza Conde do Fontao), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 17:30 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:

19:00 h. Inauguración da Feira do Libro. Pregón a cargo de Farruco Graña.
20:15 h. Presentación do libro Cantos de poeta. Unha antoloxía musicada da poesía galega, de Gelria. Presentan: Federico Mosquera e Noa López.
21:15 h. Presentación do libro O soño de Xoán, de Farruco Graña, publicado por Embora. No acto participa, xunto ao autor, Xavier Rodríguez Baixeras.

Feira do Libro da Coruña: actividades literarias destacadas do mércores 10

OFeira do Libro da Coruña 2016 cartaz mércores 10 de agosto finaliza a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, s/n.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:

19:00 h. Federico Mosquera e Noa López asinan exemplares de Cantos de poeta, de Gelria, na caseta de Berbiriana.

Feira do Libro da Coruña: actividades literarias destacadas do luns 8

OFeira do Libro da Coruña 2016 cartaz luns 8 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, s/n.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:

18:00 h. Presentación de Caer de cu polo Universo, por Estíbaliz Espinosa, con ilustracións de Lucía Cobo, publicado por Apiario.
19:00 h. Presentación de Cantos de poeta, por Federico Mosquera e Noa López, Gelria.
19:45 h. Claudio Rodríguez Fer presenta Cinepoemas, publicado por Ouvirmos.
20:30 h. Presentación de O Deserto, de María do Cebreiro, publicado por Apiario.
21:15 h. Presentación de O perverso goberno de Feijóo. Sete anos en negro, de Manuel Monge, publicado por Laiovento. Participan no acto Camilo Nogueira e Xosé Manuel Sande.

Taboleiro do libro galego XLV (xuño e xullo de 2016), por Ramón Nicolás

Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Neste primeiro día de agosto o Caderno da crítica incorpora a referencia das novidades editoriais publicadas en lingua galega máis demandadas ao longo dos meses de xuño e xullo deste ano que andamos. Nesta ocasión, a información subministrárona amablemente un total de doce librarías ás que se lles agradece a cortesía nestas datas complicadas para estes requirimentos: Biblos, de Betanzos; Andel, Cartabón, Libros para Soñar e Librouro, de Vigo; Moito Conto e Suévia, da Coruña; Cronopios de Santiago de Compostela e Pontevedra; Lila de Lilith, de Santiago de Compostela; Trama, de Lugo; Airas das Letras, de Allariz e Miranda, de Bueu. (…)

NARRATIVA
1º-. Ramón Nicolás, O espello do mundo, Xerais.
2º-. Inma López Silva, Aqueles días en que eramos malas, Galaxia.
3º-. Manuel Gago, O anxo negro, Xerais.
4º-. María Reimóndez, A dúbida, Xerais.
5º-. María Solar, As horas roubadas, Xerais.
6º-. Diego Giráldez, Galería de saldos, Xerais.
7º-. Francisco Castro, Amor é unha palabra coma outra calquera, Galaxia.
8º-. Manuel Rivas, O último día de Terranova, Xerais.
9º-. Xosé Monteagudo, Todo canto fomos, Galaxia.
10º-. Miguel Anxo Murado, Libro de horas, Galaxia.
11º-. Miguel Anxo Fernández, Un dente sen cadáver, Galaxia.
12º-. VV.AA., Contos do Sacaúntos. Romasanta, o criminal, Urco.
13º-. Xabier Quiroga, Izan, o da saca, Xerais.
14º-. Fran P. Lorenzo, Cabalos e lobos, Xerais.

POESÍA
1º-. María do Cebreiro, O Deserto, Apiario.
2º-. Carlos Negro, Masculino singular, Xerais.
3º-. VV.AA., 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, Biblos.
4º-. Gonzalo Hermo, Celebración, Apiario.
5º-. VV.AA., Dez anos na Porta, A porta verde do sétimo andar.

ENSAIO-TEATRO
1º-. Isidro Dubert (ed.), Historia das historias de Galicia, Xerais.
2º-. Esther F. Carrodeguas, Voaxa e Carmín, Difusora.
3º-. VV.AA., Atlas arqueolóxico da paisaxe galega, Xerais.
4º-. Xosé Manuel Beiras, O proxecto común da nación galega, Laiovento.
5º-. Uxío-Breogán Diéguez Cequiel (coord.), As Irmandades da Fala (1916-1931), Laiovento.
6º-. VV.AA., Poesía hexágono, Apiario.

XUVENIL
1º-. Ledicia Costas, Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, Xerais.
2º-. Fran Alonso (ilustrador Dani Padrón), Contos nerviosos, Embora.
3º-. Antonio G. Teijeiro, Raiolas de sol, Galaxia.
4º-. Manuel Sánchez Gálvez, Maelström, Maelström, Galaxia.
5º-. Celia Díaz Núñez, A boca do monte, Galaxia.

INFANTIL
1º-. Ledicia Costas – Víctor Rivas, Esmeraldina, a pequena defunta, Xerais.
2º-. Ledicia Costas – Víctor Rivas, Escarlatina, a cociñeira defunta, Xerais.
3º-. Justin Richardson e Peter Parnell, Con Tango son tres, Kalandraka.
4º-. Federico Fernández e Germán González, Balea, Kalandraka.
5º-. El Hematocrítico, Feliz Feroz, Xerais.
6º-. Manuel Rivas, Bala perdida, Xerais.
7º-. Gracia Iglesias e Rosa Osuna (ilustración), O fío, Kalandraka.
8º-. Eli Ríos, Marta e a píntega, Galaxia.

LIBROS CD-DVD
1º-. Paco Nogueiras e David Pintor,  Brinca vai!,  Kalandraka.
2º-. Sérgio Tannus e Luís Barbolla (ilustracións), Alegría!, Galaxia.
3º-. Paulo Nogueira e Magoia Bodega (ilustracións de Mariona Cabassa), Non hai berce coma o colo, Kalandraka.
4º-. Uxía e Magín Blanco, Canta o cuco, Galaxia.
5º-. Gelria, Cantos de poeta, Gelria.

BANDA DESEÑADA
1º-. Miguelanxo Prado, Presas fáciles, El Patito Editorial.
2º-. Luís Davila, O bichero VI, Edición do autor.
3º-. Xosé Tomás, Manual de escola, AS-PG.”

VARIOS
1º-. Benigno Campos, Peixes e mariscos, Galaxia.
2º-. VV.AA., Luzes de Galiza, nº 32.

Gelria: de Curros a Chus Pato en 14 cancións

DesdeGelria Sermos Galiza:
“Gelria (que tira o seu nome do barco holandés no que embarcou Manuel Antonio) lanzará á venda o próximo 23 de abril o seu primeiro traballo discográfico. Baixo o título Cantos de poeta, o álbum percorrerá a historia da poesía galega contemporánea, desde o Rexurdimento até a actualidade a través dos versos de catorce poetas aos que lles poñerán música. A banda -creada en 2014 por Elena Tarrats (voz), Mario G. Cortizo (percusión) e Federico Mosquera (piano)- estréase así cun proxecto que se presenta en formato de libro-disco acompañado de fotografías e ilustracións e no que, ademais, se incluirán as letras dos diferentes temas en galego, portugués, castelán e inglés.
Cantos de poeta recolle un total de catorce poemas cuxa selección busca trazar un itinerario musical das diferentes etapas da poesía galega contemporánea, ademais de achegar unha radiografía -a través da música e dos versos- do imaxinario colectivo galego. É un disco ecléctico que posúe resonancias de diferentes estilos e xéneros -desde a música tradicional á contemporánea, pasando polo jazz- que propón un percorrido polas diferentes etapas da nosa historia poética. (…)”