III Xornada da Sección de Literatura Dramática. A palabra teatral nas aulas

A III Xornada da Sección de Literatura Dramática. A palabra teatral nas aulas é unha actividade organizada pola AELG coa colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, co patrocinio do Concello da Coruña, Deputación Provincial da Coruña e CEDRO, e a colaboración da Universidade da Coruña.

Terá lugar o 24 de novembro de 2018 no Espazo Normal (Paseo de Ronda, 47 –como chegar-), A Coruña.

Matrícula para o certificado homologado:
O prazo de matriculación está aberto desde o 29 de outubro até o 21 de novembro (o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Destinatarios-as do certificado homologado: Profesorado do ensino non universitario e futuros/as ensinantes.
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación (certificado homologado):
Prazas reservadas: 25%       Número máximo de prazas: 25%

Matrícula para o certificado emitido pola AELG:
Desde 17/10/2018 até 22/11/2018 (oficina@aelg.org)
Destinatarios-as do certificado emitido pola AELG: Outras persoas que queiran un certificado de asistencia.

PROGRAMA

O programa completo previsto é este:

Mañá

09:45 Apertura da III Xornada.

10:00 Mesa redonda A literatura dramática galega no último cuarto do século XX.

11:25 Mesa redonda O teatro nas aulas.

12:45 Mesa redonda A literatura dramática galega nas primeiras décadas do século XXI.

Tarde

16:00 Festival Pezas dun teatro do porvir. Procesos abertos de escrita dramática.
Convocatoria aberta a 4 dramaturgas/os que estean a escribir algunha peza nova ou que teñan unha peza recente e queiran abrila ao público amosando un fragmento ou mostra desta.
Terá lugar unha exposición ou mostra dun fragmento da peza (máximo de 15 minutos), e haberá un tempo complementario para un breve debate ou conversa ao seu respecto (máximo 15 minutos).
As presentacións faranse no formato que cada dramaturga/o considere máis axeitado á peza que vai amosar a través dun fragmento desta.
No breve debate posterior ás presentacións buscaríase coñecer a reacción do público, nun diálogo que, quizais, poida servir para enriquecer, por parte da/o dramaturga/o, o acabado desas pezas en proceso.

18:30 Clase maxistral a cargo de José Maria Vieira Mendes, recoñecido dramaturgo portugués. Presenta: Cilha Lourenço Módia.
Aberto a todas as persoas interesadas. O autor falará sobre as relacións entre literatura e o teatro, centrándose nos textos e contextos no teatro portugués actual, e posteriormente manterá un coloquio co público asistente.

Coa coordinación de Afonso Becerra de Becerreá, Vogal de Literatura Dramática da AELG, e Cilha Lourenço Módia, da Universidade da Coruña.

A Coruña: actos literarios destacados do domingo 3 na Feira do Libro

OFederación de Librarias de Galicia domingo 3 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, con horario de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 horas), cos seguintes actos literarios destacados nese día:

13:00 h. Actividade infantil. Presentación do album ilustrado …3, 2, 1 … de Pepablo Patinho e Dani Padrón, publicado por Edicións Embora.
13:00 h. Presentación do libro Textículos dramáticos, do escritor Afonso Becerra, publicado por Laiovento. Xunto co autor, participará no acto Francisco Pillado. Os actores Gloria Rico e Xosé Luís Bernal, Farruco, da Cia. TEP Teatro en Punto realizarán unha lectura dramatizada de textos do autor.
19:00 h. Dores Tembrás asinará na caseta de Editores Coruñeses.
19:00 h. Presentación do libro Como ser reintegracionista sen que a familia saiba, do escritor Eduardo Sanches Maragoto, publicado por Edicións do Cumio.
20:00 h. Presentación do libro Escrito en cafeterías, de Miguel Anxo Murado, publicado por Galaxia.
21:00 h. Xabier López López asinará exemplares do seu libro 1989, publicado por Biblos Clube, na caseta de Editores Coruñeses.

Santiago: representacións de Unha rosa entre as pernas, con texto de Afonso Becerra

O mércores 20, xoves 21 e venres 22 de febreiro, en tres pases cada día (ás 20:45, 21:15 e 21:45 horas, respectivamente), no espazo A Regadeira de Adela (Rúa Tras San Fiz, 2) de Santiago de Compostela, Xosé Luís Bernal e Roberto Leal, dirixidos por Gloria Rico (Tep Teatro En Punto), estrean Unha rosa entre as pernas, do libro Dramatículas, de Afonso Becerra de Becerreá.