Terra Cha: “Memoria da Chaira Enteira”. Cabodano de Manuel María

Terra Chá: 8 de setembro: “Memoria da Chaira Enteira”. Cabodano de Manuel María

Feira do Libro de Santiago: actividades do venres 8

OFeira do Libro de Santiago 2015 venres 8 de maio continúa a Feira do Libro de Santiago de Compostela (no Paseo Central da Alameda), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:

19:30 h. Presentación do documental Contextualizando a Filgueira Valverde, realizado por Gonzalo E. Veloso, e un coloquio posterior dirixido por Francisco Castro.
20:30 h. Presentación de No tempo de “Follas novas”. Unha viaxe pola literatura universal, publicado por Alvarellos Editora, en edición de Pilar García Negro, quen participa na presentación, xunto ao editor, Henrique Alvarellos, e varias das persoas que colaboraron na obra.

Pontevedra: actividades do sábado 18 e domingo 19 na Feira do Libro

OsFeira do Libro de Pontevedra 2015 sábado 18 e domingo 19 de abril finaliza a Feira do Libro de Pontevedra (na Praza da Ferrería, de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa: Feira do Libro de Pontevedra 2015:

Sábado 18
18:00 h. Presentación de Historia de Galicia, de David Pérez López, por Edicións do Cumio. Participará Cándido Meixide.
19:00 h. Presentación do libro Os ratos da casa, de Xosé Manuel González “Oli” e ilustracións de Natalia Colombo, por Kalandraka. Sinatura de exemplares.
20:00 h. Contextualizando a Filgueira Valverde. Documental e coloquio por Gonzalo Veloso e Francisco Castro. Galaxia.

Domingo 19
13:00 h. Recital poético–narrativo coa participación de Teresa Cameselle, Lydia Leyte, María Lado e Mariña Pérez Rei

Reubicando a Díaz Castro

DesdeReubicando a Díaz Castro o blogue de Armando Requeixo, Criticalia:
“Hai tempo que quería escribir sobre Reubicando a Díaz Castro, o valioso documental de Gonzalo Enríquez Veloso sobre o poeta de Guitiriz que estrou a TVG o pasado 18 de maio.
Non é mérito menor ter asinado unha proposta como esta nun ano no que, á parte doutras achegas puntuais, foron filmados varios outros documentais sobre o autor tamén moi interesantes. Mais Reubicando a Díaz Castro engade a todos eles unha ben persoal visión do universo diazcastriano, o que logra cunha xenuína mestizaxe de voces e imaxes que nos achega ao mundo do escritor guitiricense como antes non se fixera.
Reubicando a Díaz Castro avanza no visual combinando imaxe en movemento e estática, deixándose levar no fío da narración pola profusión de primeiros planos e planos xerais e o xogo de luces, con paisaxes interiores e exteriores que percorren toda a xeografía matricial de Díaz Castro: a Serra de Montouto, os soutos e carballeiras dos Vilares, os espazos do Vilariño. (…)”
O documental completo pode verse aquí.

A Coruña: presentación do DVD Deconstruíndo a Valentín Paz-Andrade

O xoves 21 de febreiro, ás 20:00 horas, na Librería Arenas (Cantón Pequeno, 25) da Coruña, preséntase o DVD Deconstruíndo a Valentín Paz-Andrade. No acto intervirán Tucho Calvo, José María Paz Gago e Gonzalo E. Veloso, director do documental.