IES Xosé Neira Vilas, Perillo (Oleiros): Programa das xornadas dedicadas a Nacho Taibo, o 24 e 25 de maio

O IES Xosé Neira Vilas de Perillo, Oleiros (Rúa Xosé Neira Vilas, 3), vai homenaxear a figura de Nacho Taibo, con motivo da próxima edición do Premio Escritor na súa terra – Letra E. O programa é o seguinte:

Xoves 24 de maio
11:20 a 12:10 h. Mesa Nacho Taibo, a historia que agroma nos relatos. Interveñen Agustín Fernández Gago (director do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas), Cesáreo Sánchez (presidente da AELG), Xosé Manuel Martínez Oca, María Dans e Nacho Taibo.
Asistirá o alumnado de 4º e 1º de Bacharelato.
12:30 a 13:20 h. Mesa De narrador a narrador: Xián Alcayde Dans entrevista a Nacho Taibo. Interveñen Xián Alcayde Dans e Nacho Taibo.
Asistirá o alumnado de 1º ESO.

Venres 25 de maio
10:30 a 11:20 h.. Mesa “Encontro de Nacho Taibo cos lectores de As boas familias”. Intervén Nacho Taibo.
Asistirá o alumnado de 3º ESO.
11:20 a 12:10 h. Mesa Encontro do profesor cos compañeiros. Interveñen Agustín Fernández Gago (director do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas), Pepe Couce, Ana Crego, Eduardo Álvarez, Xosé Manuel Fraguela e Nacho Taibo.
Asistirá o alumnado de 2º ESO.

Vídeo de homenaxe a Xosé Neira Vilas desde o IESP Neira Vilas de Perillo (Oleiros)

AXosé-Neira-Vilas-150x150 finais de outubro de 2015 o Equipo de Dinamización da Lingua do IESP Neira Vilas de Perillo, Oleiros, decidiu facer un vídeo para o cumpreanos de Xosé Neira Vilas, o 3 de novembro, onde participasen alumnado, profesorado, persoal do centro, etc. A idea era que fose o propio autor IES para estrealo, xa que lle facía moita ilusión. A raíz do seu pasamento, colgouse na páxina do IES. Nesta ligazón pode verse o vídeo. Agradecemos a Inmaculada Otero o envío da información e do documento audiovisual.

Santa Cruz, Oleiros: charla-coloquio de Armando Requeixo arredor de Xosé María Díaz Castro

O martes 6 de maio, ás 10:30 horas, na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Centro Cultural As Torres) de Santa Cruz, Oleiros, terá lugar unha charla-coloquio sobre o escritor Xosé María Díaz Castro, autor homenaxeado con motivo do Día das Letras Galegas, a cargo de Armando Requeixo. Esta actividade, organizada polas bibliotecas municipais de Oleiros, está dirixida a alumnado de 3º e 4º de ESO do Instituto Neira Vilas e do Instituto Miraflores e nela participaran sobre 160 alumnos/as e 9 profesores/as destes centros.