Escola de Escritoræs. Obradoiros literarios Poesía e Mar, impartidos por Marta Dacosta, Antonio García Teijeiro e Miriam Ferradáns, en Baiona, O Grove e Bueu

Os Obradoiros literarios Poesía e Mar, da Escola de Escritoræs da AELG, impartidos por Marta Dacosta, Antonio García Teijeiro e Miriam Ferradáns contan coa colaboración e patrocinio do Servizo de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra, e os Concellos de Baiona, O Grove e Bueu.

Nesta ocasión, buscan encontrar a conexión entre a palabra poética e o mar desde perspectivas diferentes, en tres emprazamentos privilexiados da provincia de Pontevedra.

CALENDARIO DOS OBRADOIROS

– Palabras Varadas
AutoraMarta Dacosta
Data: 20 de outubro de 2018
Horario: De 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 h.
Lugar de realización: Baiona. Capitanía Marítima (Rúa Elduayen, 20 –como chegar-)
Cada persoa levará un poema en lingua galega no que o mar estea presente
– Poemando o Mar
Data: 27 de outubro de 2018
Horario: De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h.
Lugar de realización: O Grove. Museo da Salga, Punta Moreiras (-como chegar-)
Dirixido especialmente a profesorado e persoas interesadas no ensino
– De Brea e Mar
Data: 10 de novembro de 2018.
Horario: De 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 h.
Lugar de realización: Bueu. Estaleiro de Purro (Avenida de Montero Ríos, ao carón da praia da Banda do Río)

INSCRICIÓNS

– Máximo de 25 prazas por obradoiro.
– Inscrición previa, necesaria e gratuíta, en oficina@aelg.org, no teléfono 981133233 (de 09:30 a 14:00 h. os días laborábeis), ou no móbil 696581971 (no mesmo horario, por chamada telefónica, WhatsApp ou Telegram).
– Indicaranse os seguintes datos:
  • Título do roteiro
  • Nome e apelidos
  • Documento de Identidade
  • Contacto telefónico

As prazas asignaranse por orde cronolóxica de chegada das solicitudes.

Información básica sobre Protección de Datos. O Responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é atender a súa solicitude de inscrición nesta actividade e a base legal do mesmo é o seu consentimento como persoa interesada. Ten dereito a acceder, rectificar, suprimir os seus datos e outros dereitos. Pode consultar a nosa cláusula adicional premendo no epígrafe Aviso Legal da páxina principal da web da AELG (aelg.gal).

Míriam Ferradáns entrevista a Xavier Alcalá

Desde Galaxia:
“(…) – Miriam Ferradáns (MF): O título da súa útima novela, The Making of, xa advirte o lector de que estamos ante un proceso de descuberta. A tradución deste título sería algo así como “Como se fixo”. Como pensou Xavier Alcalá esta novela? Como fixo vostede o making of de The Making of? Ten algo que ver a estrutura da novela co feito de que no ano 2007 depositara na RAG seis orixinais de novelas onde se pode ver como se vai ensamblando o proceso creativo?
– Xavier Alcalá (XA): O título da novela corresponde a unha vella teima miña, que xa se mostraba en Tertúlia, a novela “escandalosa” que –despois de esgotar axiña unha edición de 3.500 exemplares– non foi replublicada nin polo editor, Sotelo Blanco, nin por ningún outro.
Sempre me perseguiu a idea de que hai un “como se fixo” por tras de cada obra. En The Making of fixen unha reportaxe novelada de como nos chegou ao Cholo Rey (convertido en personaxe) e a min o coñecemento dunha historia incrible, se non fose porque o Cholo conseguiu os expedientes policiais e xudiciais do caso. Levounos moitos anos –coido que quince– madurala.
– MF: Un enxeñeiro de telecomunicacións que viaxa con frecuencia á Arxentina e –dentro dela– á Patagonia recibe o encargo de facer unha investigación sobre un galego emigrado e desaparecido. El será os nosos ollos en boa parte da novela. Por que ese enxeñeiro non ten nome?
– XA: Non fai falta saber como se chama. Ao lector só lle pode causar certa curiosidade que un tipo “non de Letras” teña a teima de escribir. En todo caso, haberá no texto un intento de demostración de que todos somos fabuladores, con independencia da nosa formación (velaí o Xavier Queipo ou a Antía Yáñez). Tamén, se cadra, pódese ver que os “de Ciencias” temos tendencia a investigar con rigor porque a falta de rigor nas nosas profesións se paga moi cara (se non funciona un cabo de fibra óptica non lles chega a Internet aos usuarios e non hai desculpas).
– MF: Vostede describe aquí unha emigración pouco traballada na literatura e no imaxinario colectivo de quen xa non viviu esa emigración de preto. Definiría vostede The Making of como unha novela innovadora? E como unha novela documental?
– XA: Non sei canto pode ter ese texto de innovador porque non son “técnico” da Teoría da Literatura. Ora, a cantidade de documentos que manexei para aterme aos feitos históricos foi moita. E contei con dúas axudas fundamentais: a sagacidade de sabuxo xornalista do Cholo Rey e a memoria dos vellos galegos perdidos “ao sur do mundo”. Non esquezamos que os profesionais da Historia Contemporánea, sobre todo nos eidos do silenciado por medo a tocar en “asuntos sensibles” (coma a presenza dos nazis na Arxentina), se valen da memoria viva das testemuñas dos feitos. (…)”

A Coruña: actividades destacadas na Feira do Libro 2018 para o 7 de agosto

O 7 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, s/n.), con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:

18:00 h. Encontro Os poetas e os seus libros. Participan: Xosé Luís Mosquera Camba, Míriam Ferradáns e Carlos Lixó. Modera: Miguel Anxo Fernán-Vello.
19:00 h. Ana María Fernández asina Ring, ring!…quen rima?, na caseta de Hércules Edicións.
19:30 h. Eva Veiga asina na caseta de Lume.
19:45 h. Presentación de Lapis na noite, de Ramón Nicolás, publicado por Xerais. O autor estará acompañado de Mercedes Queixas, María Canosa e Fran Alonso.
20:00 h. Pedro Casteleiro na Libraría Azeta.
20:30 h. Presentación de Avante todas. O papel do feminismo despois do 8M (Revista Luzes). Con Manuel Rivas, Goretti Sanmartín, Ana Luísa Bouza e Claudia Morán.
21:15 h. Presentación de Galicia en bus de María Reimóndez, publicado por Xerais. A autora estará acompañada de Manuel Rivas, Eli Ríos, Emma Pedreira e Fran Alonso.

Vigo: PoemaRia 2018, do 29 de xuño ao 1 de xullo