X Obradoiro Internacional de Tradución Poética Con barqueira e remador

San Simón, Redondela: VII Obradoiro Internacional de Tradución Poética Con barqueira e remador

Con barqueira e remador. VI Obradoiro Internacional de Tradución Poética, do 16 ao 21 de outubro

Cita xa consolidada desde hai seis anos, baixo a dirección de Yolanda Castaño, o Obradoiro Internacional de Tradución Poética acolle neste 2017 unha edición excepcional e única no mundo. O evento de tradución plurilingüe, colectiva e recíproca da illa de San Simón, que durante as cinco edicións anteriores empregara o inglés como lingua franca de comunicación entre poetas/tradutores chegados de catro continentes, encara o reto expresivo de desprazar o punto de apoio cara a un novo idioma: o portugués.
Desafiando a anglófona hexemonía lingüística global, Con barqueira e remador desprega un proxecto que fai da nosa lingua irmá vehículo de comunicación internacional, e faino mesmo fóra das fronteiras portuguesas. Así, este vello idioma demostra servir de ponte entre autores/as que nos visitan desde América, Asia e Europa. Falarase en portugués nese simbólico berce fundacional da lírica galegoportuguesa que é a illa de San Simón, para traducir poemas ao italiano, ao chinés, ao asturiano, ao croata, ao finés e ao galego.
O obradoiro desenvolvido entre estas seis magníficas plumas e mais os seus expansivos froitos daranse a coñecer en cadanseu territorio de orixe. Será tamén o xeito de que floreza máis alá aquilo que xermole en Galicia, ao abeiro da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e do Concello de Redondela, como entidades colaboradoras principais.
Os traballos de tradución entre o grupo residente na illa enriqueceranse, un ano máis, cun programa de actos que conectará os e as participantes co rico tecido cultural da Galicia sur. Poderán amosar o seu traballo en Pontevedra, en Vigo e en Redondela, en colaboración con concellos, asociacións gremiais, centros culturais e festivais de poesía. Será un xeito de non deixar pasar a magnífica oportunidade de que os e as amantes da poesía coñezan de preto algunhas das poéticas actuais máis interesantes do mundo, en moitos casos vertidas ao galego por primeira vez.
A AELG colabora canda o Concello de Pontevedra no acto do mércores, 18 de outubro, ás 20:00, na Casa da Luz (Praza da Verdura, Pontevedra).
Vexa aquí o informe de prensa das actividades.

Recitais poéticos multilingües
Mércores 18 | 20 h
Casa da Luz. Praza da Verdura. Pontevedra
En colaboración coa AELG e o Concello de Pontevedra.
A mellor mostra tanto do traballo poético dos autores/as participantes coma do labor de tradución (ao galego) durante o proxecto.

Xoves 19 | 20 h
Instituto Camões. Casa Arines, Praza Tenente Almeida, s/n. Vigo
En colaboración co Festival Kerouac Vigo de Poesía e Performance e co Centro Cultural do Camões.

Venres 20 | 20 h
Casa da Cultura. Praza de Figueroa, 3. Redondela
En colaboración co Concello de Redondela.
Peche do obradoiro no que cada poeta recita no seu idioma orixinal, seguido das versións en galego realizadas para a ocasión.

Con barqueira e remador, por Mercedes Queixas

ArtigoMercedes Queixas 3 de Mercedes Queixas en Sermos Galiza:
“Estes días pasados, a Illa de San Simón volveu converterse en espazo alegórico e cómplice para as palabras con memoria, arroupadas en película versificada ao redor do V Obradoiro Internacional de Tradución Poética.
Esta experiencia de intercambio creativo entre seis poetas / tradutores de diferentes países e orixes lingüísticas ben diversas ten a súa razón última no logro dun produto poético multilingüe e integrador, pois cada poeta verterá, ao longo da semana de estadía da nosa illa lírica principal, para o seu idioma, a obra poética das outras cinco compañeiras de viaxe que rematará por percorrer todos os seus mundos literarios.
Para alén dos traballos directos cos vimbios da palabra en cadanseu traxe persoal, as seis poetas ofreceron tres recitais abertos ao público para gozar ao vivo do seu labor creativo.
Tiven a inmensa fortuna de asistir ao primeiro deles, celebrado en Pontevedra o mércores 19 de outubro, e participar en nome e representación da AELG.
Na Casa da Luz da Boa Vila coñecín a impecábel sintonía que vibraba entre o croata Damir Sodan, a venezolana Miriam Reyes, o estoniano Igor Kotjuh, a búlgara Tsvetanka Elenkova, o ucraíno Ostap Slyvynsky e a galega Dores Tembrás.
Con orgullo deilles a benvida a Galiza, a esta terra nada para ser testemuñada alén mar tamén a través da literatura, entre cobras ben trobadas que nos cantaron para o mundo, xa aló nos finais do século XII. Sigue lendo

Actividades destacadas do VI Festival Internacional Vigo Kerouac de Poesía e Performance

O14355647_1803231036562221_96866139639540311_n VI Festival Kerouac Vigo de Performance e Poesía, ten os seguintes actos destacados dentro do seu programa:

Xoves 20
13:00 h. Porta do Sol. Antonio García Teijeiro participa na homenaxe a Carlos Oroza.
19:00 h. Urban Market Progreso 41. Obradoiro Internacional de Tradución Poética. Recital a seis voces coordinado por Yolanda Castaño, coa participación de Dores Tembrás.

Venres 21
19:00 h. MARCO (Rúa Príncipe, 54) -entrada para o espectáculo completo: 5 euros-. Recital de María N. Soutelo.
22:15 h. La Fiesta de los Maniquíes (Rúa Rogelio Abalde, 11) -entrada para o espectáculo completo: 5 euros con consumición-. Recital de Antonio García Teijeiro.

Domingo 23
13:30 h. Urban Market Progreso 41. Vermú poético, coa presenza de Francisco Castro.

Con barqueira e remador. V Obradoiro Internacional de Tradución Poética, do 17 ao 22 de outubro

No conbarqueira_remador_2016programa de Con barqueira e remador. V Obradoiro Internacional de Tradución Poética a AELG colabora canda o Concello de Pontevedra no acto do mércores, 19 de outubro, ás 20:00 h., na Casa da Luz (Praza da Verdura, Pontevedra), coa presenza de Mercedes Queixas. Mostra tanto do traballo poético das persoas participantes no obradoiro coma do labor de tradución ao galego desenvolvido durante o proxecto.
A illa de San Simón, en Redondela, volve ser o escenario do Obradoiro Internacional de Tradución Poética Con barqueira e remador, que celebra a súa quinta edición coa participación de seis recoñecidos poetas e tradutores procedentes de diversos países. A galega Dores Tembrás, o croata Damir Šodan, a búlgara Tsvetanka Elenkova, o estoniano Igor Kotjuh, a galega e poeta en castelán Miriam Reyes e o ucraíno Ostap Slyvynsky son os protagonistas dunha edición que se desenvolverá do 17 ao 22 de outubro baixo a dirección da tamén poeta e dinamizadora cultural Yolanda Castaño.
Co patrocinio da Consellería de Cultura e Educación e do Concello de Redondela, ademais do apoio da AELG entre outras entidades.
Para alén das sesións de tradución, o evento inclúe tres recitais abertos ao público que se desenvolverán na Casa da Luz de Pontevedra (19 de outubro, 20:00 horas), no Mercado Progreso de Vigo (día 20, ás 19:00 horas), e no Multiúsos da Xunqueira, en Redondela (día 21, ás 20:00 horas).
Toda a información pode ser consultada aquí.

con_barqueira_e_remador_2016_005con_barqueira_e_remador_2016_016

Programa de Con barqueira e remador. IV Obradoiro Internacional de Tradución Poética

Con barqueira e remador. IV Obradoiro Internacional de Tradución Poética

A AELG colabora, canda o Concello de Pontevedra, no acto do mércores, 21 de outubro, ás 21:20 horas, na Casa da Luz (Praza da Verdura, Pontevedra). Mostra tanto do traballo poético das persoas participantes no obradoiro como do labor de tradución ao galego desenvolvido durante o proxecto.

IV Con barqueira e remador