Xosé Antonio Perozo, presidente da Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil

Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Tino Santiago entrevista o escritor e editor Xosé Antonio Perozo, que acaba de asumir a presidencia da Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil, a entidade que aglutina a todos os actores do mundo da literatura infantil en España, con seccións específicas para cada unha das catro linguas oficiais no estado. Pode accederse á entrevista aquí.”

Dúas obras galegas entran na lista de honra do IBBY

Desde Cultura Galega:
“A lista de honra IBBY, cosiderada unha referencia internacional na Literatura Infantil e Xuvenil, conta na súa nova edición con dúas obras editadas en Galicia. Palabras de auga, de Marcos Calveiro e publicada por Xerais, foi seleccionada dentro da modalidade de escritores. De xeito paralelo, a versión en galego que fixo para Kalandraka Carlos Acevedo dos Contos por teléfono de Gianni Rodari foi seleccionada no apartado de traducións. As dúas obras eran as únicas galegas que a Organización Española para o Libro Infantil propuxera para a lista.”