Con barqueira e remador, por Mercedes Queixas

ArtigoMercedes Queixas 3 de Mercedes Queixas en Sermos Galiza:
“Estes días pasados, a Illa de San Simón volveu converterse en espazo alegórico e cómplice para as palabras con memoria, arroupadas en película versificada ao redor do V Obradoiro Internacional de Tradución Poética.
Esta experiencia de intercambio creativo entre seis poetas / tradutores de diferentes países e orixes lingüísticas ben diversas ten a súa razón última no logro dun produto poético multilingüe e integrador, pois cada poeta verterá, ao longo da semana de estadía da nosa illa lírica principal, para o seu idioma, a obra poética das outras cinco compañeiras de viaxe que rematará por percorrer todos os seus mundos literarios.
Para alén dos traballos directos cos vimbios da palabra en cadanseu traxe persoal, as seis poetas ofreceron tres recitais abertos ao público para gozar ao vivo do seu labor creativo.
Tiven a inmensa fortuna de asistir ao primeiro deles, celebrado en Pontevedra o mércores 19 de outubro, e participar en nome e representación da AELG.
Na Casa da Luz da Boa Vila coñecín a impecábel sintonía que vibraba entre o croata Damir Sodan, a venezolana Miriam Reyes, o estoniano Igor Kotjuh, a búlgara Tsvetanka Elenkova, o ucraíno Ostap Slyvynsky e a galega Dores Tembrás.
Con orgullo deilles a benvida a Galiza, a esta terra nada para ser testemuñada alén mar tamén a través da literatura, entre cobras ben trobadas que nos cantaron para o mundo, xa aló nos finais do século XII. Sigue lendo

A Coruña: recital de Rafa Vilar e Ostap Slyvynsky no Ciclo Poetas Di(n)versos

ARafa Vilar segundaostap-slyvynsky-por-oleksandr-laskin feira 24 de outubro, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Culturas da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Rafa Vilar e o poeta ucraíno Ostap Sylvynsky (as versións en galego dos seus poemas foron feitas por Dores Tembrás). Máis información aquí: Folleto Poetas Di(n)versos outono 2016.