Xosé María Lema Suárez, premio San Martiño de Normalización Lingüística

Desde a Real Academia Galega:
Xosé María Lema Suárez (Vimianzo, 1950) recollerá a mediados de novembro o premio San Martiño de Normalización Lingüística en recoñecemento á súa traxectoria. O académico correspondente resultou distinguido nos XXVIII galardóns que concede a Asociación Cultural O Brado, na modalidade Premio á normalización lingüística a toda unha vida.
Nesta edición tamén foron recoñecidos Manuel Pereira Valcárcel co Premio á difusión da lingua na comarca de Tabeirós-Terra de Montes e Uxía Senlle co Premio á normalización no ámbito galego. Os galardóns serán entregados nun acto aberto a todo o público que terá lugar no Teatro Principal da Estrada a segunda semana de novembro. (…)”

Feira do Libro da Coruña: actividades literarias destacadas do martes 1

O martes 1 de agosto comeza a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, s/n.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:

18:00 h. Presentación de Meu avó, rei das pequenas cousas, de João Manuel Ribeiro, publicado por Hércules. No acto, o autor estará acompañado por Armando Requeixo e Laura Rodríguez.
19:00 h. Presentación de Costa do Solpor. O regreso da Illa do Tesouro, de Xosé María Lema Suárez, publicado por Xerais. Con Manuel Bragado.
19:00 h. Presentación do proxecto Contos Estraños, a cargo de Xosé Duncan e Fernando M. Cimadevila. Na carpa das librarías.
19:45 h. Presentación de Conto x conto, de Anxo Moure, publicado por Baía Edicións. Na carpa infantil.
20:00 h. Fran Rei: A galiña azul, no Palco da Música.
20:30 h. Presentación O xogo de Babel, de Elena Gallego Abad, publicada por Xerais. Con Mercedes Queixas.
20:30 h. Sinatura de Anxo Fariña na Caseta da librería Lume.
21:15 h. Charla arredor de Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo, de Xurxo Mariño, publicada por Xerais.

Carballo: actividades do venres 7 na Praza dos Libros

Chega unha nova edición da Praza dos Libros, organizada polo Concello de Carballo, que terá lugar no Xardín Municipal do 6 ao 9 de xullo, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h. Dentro dos actos previstos para o venres 7, destacamos os seguintes:

12:00 h. Presentación do libro ilustrado Kosmocán, de Alberto Varela Ferreiro, coa participación de nenas e nenos que dramatizarán o conto.
18:30 h. Concerto infantil a partir dos libro-discos Teatro de Guiñol e Lucecús, de Pirilampo (Galaxia). Colabora: Ler Conta Moito – Xunta de Galicia.
20:00 h. Presentación de Costa do Solpor. O regreso da Illa do Tesouro, de Xosé María Lema, publicado por Xerais. O autor estará acompañado por Xosé Manuel Varela.
21:00 h. Presentación de Contos mariños de Carballo, de Xabier Maceiras, publicado polo Concello de Carballo. O autor estará acompañado por Fernando Patricio Cortizo e Xosé Regueira.

Un libro conta a historia da mítica Liga da Costa

DesdeXosé María Lema Suárez a Revista Fin de Semana da Televisión de Galicia:
“O novelista Xosé María Lema é coautor con Xosé María Rei Lema dun libro de carácter enciclopédico que recolle a historia da ben coñecida Liga da Costa, un torneo de fútbol modesto que ten máis de cincuenta anos de historia continuada, aínda que as súas orixes se remontan a principios do século XX. Xosé María Lema cóntanos máis detalles.”

Vimianzo: 3ª excursión do Roteiro paisaxístico-literario Costa do Solpor

AV-Costa-do-Solpor-copia-2O sábado 28 de maio terá lugar o terceiro Roteiro Costa do Solpor, organizado polo CAFI, ao que asistirán arredor de 50 profesores, que acuden de diversos puntos de Galicia (Monforte de Lemos, Vigo, Baiona, Santiago de Compostela…) e que, ao longo de todo o día, percorrán os principais espazos nos que se desenvolve a novela, co seguinte programa:
– Relator: Xosé María Lema Suárez.
– Acompañarannos: Alexandre Nerium e Miro Villar.
– Saída diante do Concello de Vimianzo ás 9:30
Percorrido:
– Vimianzo
– Ruínas do Pazo de Boallo (Berdoias-Vimianzo)
– Paso polo lugar onde estivo a Casa do Camiño de Vilar de Toba (Cee)
– Praia da Langosteira (Fisterra)
– Porto de Fisterra
– Cabo de Fisterra
– Corcubión
– Cabo Touriñán
– A Casa do Crego Sabio (en Santa Mariña de Coucieiro) e a Parroquia de San Cibrán [de Vilastose]
– A Furna da Buserana e a [Praia] da Arnela
– A vila fantasma cun nome maldito
– A ponte da Ponte do Porto
– O Cabo Vilán
– Costa Norte do Concello de Camariñas: do Cabo Vilán a Santa Mariña.

A Coruña: presentación e coloquio sobre 50 anos da historia do fútbol da Costa (1964-2014), de Xosé María Lema e Xosé María Rei

OXosé María Lema Suárez xoves 28 de abril, ás 20:00 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo), na Coruña, preséntase 50 anos da historia do fútbol da Costa (1964-2014), de Xosé María Lema Suárez e Xosé María Rei Lema. No acto, xunto aos autores, participan Xurxo Souto e Felipe-Senén. A presentación verase acompañada dunha charla dos autores sobre a Historia do fútbol na Costa da Morte desde 1920, narrada con proxección de imaxes.