Arquivos mensuais: Maio 2023
Cangas: presentación de A mentireira historia da Carapucha verdadeira, de Serafín Parcero
Ourense: presentación de A beleza debe morrer, de Mercedes Corbillón
Vigo: presentación de A batalla de Rande, de David Braña
Vigo: presentación de Vémonos mañá, de Xosé Monteagudo
O Porriño: actividades do 11 de maio na Feira do Libro 2023
Vigo: presentación de Profetas, de Ernesto Is
Cambados concede o XIX Premio Ramón Cabanillas ao escritor, profesor e político Domingo Tabuyo
Desde o Diario de Arousa:
“O escritor Domingo Tabuyo recibirá este ano o Premio Ramón Cabanillas outorgado polas librarías de Cambados e o Concello.
O tamén profesor, que se xubilou o ano pasado, ten un extenso currículum e é autor de numerosas obras de poesía e narración, pero ademais é colaborador de diferentes medios como Diario de Arousa.
A organización pensou nel sobre todo polo seu labor para enxalzar a figura do “poeta da raza”. De feito, destacan que cando era concelleiro da Corporación municipal presentou unha moción para declarar o 9 de novembro como Día Cabanillas en Cambados e outra para crear o premio de poesía, sendo aprobadas.
Ademais escribiu artigos sobre o autor, foi membro da comisión organizadora do Ano Cabanillas de 2009 e coordinador das xornadas “Ramón Cabanillas e a Modernidade na poesía galega”, entre outras cousas.
A entrega do premio terá lugar o vindeiro 3 de xuño, na que xa é a súa XIX edición”