Santiago: presentación de Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez

O mércores 20 de marzo, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela (Praza de Cervantes, 6), preséntase de Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Manuel Bragado e Xesús Ferro Ruibal.

Marín: presentación de Columnas de papel, de Xosé Vázquez Pintor

O venres 15 de marzo, ás 20:00 horas, na Biblioteca Museo Manuel Torres de Marín, preséntase o libro Columnas de papel, de Xosé Vázquez Pintor, publicado por Edicións Morgante. No acto, promovido por Queremos Galego, participan, xunto ao autor, Anxa Correa.

Vila Nova de Cerveira: presentación do volume I da Obra completa de Roberto Vidal Bolaño

O sábado 16 de marzo, ás 16:00 horas (hora portuguesa), na Livraria Porta XIII de Vila Nova de Cerdeira, preséntase o volume I da Obra completa de Roberto Vidal Bolaño, publicada por Positivas. No acto, onde se falará do autor e da súa obra, participan Xosé Manuel Fernández Castro e Francisco Macías.

Pontevedra: O mundo secreto de Basilius Hoffman, no Salón do Libro

O sábado 16 de marzo, ás 17:30 horas, no Salón do Libro de Pontevedra, que se celebra na Sala de Exposicións do Pazo da Cultura, terá lugar a presentación de O mundo secreto de Basilius Hoffman da man dos seus creadores, Fernando Cimadevila e Iván Valladares, a cargo de Urco Editora. A idade recomendada é a partir de 10 anos.

Santiago: V Bienal Literaria Internacional De pedra e de palabra

O venres 15 e sábado 16 de marzo, na Aula Seminario do Museo Centro Gaiás (Cidade da Cultura) de Santiago de Compostela, terá lugar a V Bienal Literaria Internacional De pedra e de palabra, organizado polo Centro PEN Galicia, coa colaboración da Fundación Cidade da Cultura. O programa é o seguinte:

Venres, 15 de marzo
11:30 hs.- Palabras de benvida: Xabier Castro Martínez (Director do Centro PEN Galicia).
11:45 hs.- Ramón Nicolás e Román Raña: Sobre pedras e poetas.
12:45 hs.- Massimo Saltafuso: In cammino fra le pietre della letteratura italiana. Presenta: Manuel Outeiriño.
13:30 hs.- Percorrido pola exposición Gallaecia Petrea.
17:00 hs.- Lecturas comentadas: Contan as pedras?.
Modera: Inma López Silva.
Interveñen: Clara Usón, Bieito Iglesias e Diego Ameixeiras.
18:30 hs.- Acto inaugural. Con Luís González Tosar (presidende do Centro PEN Galicia) e Jesús Vázquez Abad (Conselleiro de Cultura e Educación).
19:00 hs.- Luis Mateo Díez: Contar la vida. Presenta: Alfredo Conde.

Sábado, 16 de marzo
12:30 hs.- Músicas e palabras.
– Presentación de Sinfonía Atlántica. Antología general de la poesía gallega, edición bilingüe (Eneida, 2012). Palabras de Carlos Clementson (antólogo) e Miro Villar
– Recital poético con Xosé María Álvarez Cáccamo, Marica Campo, Manuel Forcadela, Luís González Tosar, Xulio L. Valcárcel, Cesáreo Sánchez Iglesias e Xavier Seoane.
– Actuación do Grupo de música tradicional do AGADIC, formado por José Ramón Bugliot, Juan Carlos Rilo, Daniel Romero e Carlos Taboada.