BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//::Axenda cultural AELG:: - ECPv6.6.4.2//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:::Axenda cultural AELG::
X-ORIGINAL-URL:https://axendacultural.aelg.gal
X-WR-CALDESC:Events for ::Axenda cultural AELG::
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Asia/Krasnoyarsk
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0700
TZOFFSETTO:+0700
TZNAME:+07
DTSTART:20260101T000000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Asia/Krasnoyarsk:20260112T200000
DTEND;TZID=Asia/Krasnoyarsk:20260112T213000
DTSTAMP:20260413T014859
CREATED:20260109T112623Z
LAST-MODIFIED:20260109T112633Z
UID:112850-1768248000-1768253400@axendacultural.aelg.gal
SUMMARY:Presentación de O rumor do distante\, de Cesáreo Sánchez Iglesias\, na Coruña
DESCRIPTION:“O 12 de xaneiro\, ás 20:00 horas\, na A. C. Alexandre Bóveda da Coruña (Rúa Santo André\, 36\, 1º)\, terá lugar a presentación de O rumor do distante\, de Cesáreo Sánchez Iglesias\, publicado por Laiovento. O autor estará acompañado no acto por Estíbaliz Espinosa.\nAs humildes trazas dos camiños\, comunicando a montaña e o mar\, ao longo da historia da Galiza\, vertebraron a cultura de noso e a xeografía de parte de Europa. Trouxeron a camiñantes coa súa cultura e a súa visión do mundo e levaron de retorno á súa terra a ollada marabillada polas imaxes do sagrado\, dunha terra e dun pobo cunha cultura milenaria.\nEste longo poema que percorre os sete camiños (6+1) foi escrito paralelamente aos traballos do autor na protección do patrimonio cultural galego. Coa delimitación das súas trazas\, o poeta inicia a súa escrita\, constatando que somos un dos pobos que máis humanizou a natureza\, nun titánico traballo de séculos\, sedimentando o ser que nos constitúe\, dando nomes a lugares que significan e son o noso ADN\, e que neste poemario\, que obtivo o XX Premio Esquío de Poesía en Lingua Galega\, foron habitados da poesía.\nAo ollar cara atrás vemos os camiños submersos na banalización do seu significado cultural. Hoxe\, ollamos como a nosa terra segue a se desangrar nunha silente extenuación que destrúe o noso patrimonio cultural. Se permitimos a deshumanización da nosa terra desaparecerá aquilo que anainou a nosa identidade. Este proceso invisible de aculturación\, alén do espolio económico\, fainos parte dun proceso de destrución do patrimonio natural\, con minas que arrincan a dourada entraña\, envelenando as augas até nos converter nunha estéril terra morta.\nCesáreo Sánchez Iglesias (Dadín-Irixo\, 1951) é autor dunha ampla obra\, principiada en 1978 con Silencios e conversas de inverno. Estudou Arquitectura Técnica e Socioloxía e Ciencias Políticas en Madrid e foi un dos fundadores da Agrupación Cultural Lóstrego\, que presidiu. Continuou a manter unha posición dinámica dentro da creación do movemento asociativo cultural durante a transición. Foi presidente da A. C. Alexandre Bóveda e director de Edicións A Nosa Terra. Desde 2005 é o presidente da AELG.”
URL:https://axendacultural.aelg.gal/event/presentacion-de-o-rumor-do-distante-de-cesareo-sanchez-iglesias-na-coruna/
LOCATION:Agrupación Cultural Alexandre Bóveda\, Asociación Cultural Alexandre Bóveda\, A Coruña
CATEGORIES:Poesía,Presentación de libros
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Asia/Krasnoyarsk:20260119T200000
DTEND;TZID=Asia/Krasnoyarsk:20260119T210000
DTSTAMP:20260413T014859
CREATED:20260114T171640Z
LAST-MODIFIED:20260116T103902Z
UID:113051-1768852800-1768856400@axendacultural.aelg.gal
SUMMARY:Presentación de Comandantes e familiares\, de Xavier Alcalá\, na Coruña
DESCRIPTION:
URL:https://axendacultural.aelg.gal/event/presentacion-de-comandantes-e-familiares-de-xavier-alcala-na-coruna/
LOCATION:Agrupación Cultural Alexandre Bóveda\, Asociación Cultural Alexandre Bóveda\, A Coruña
CATEGORIES:Narrativa,Presentación de libros
END:VEVENT
END:VCALENDAR