BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//::Axenda cultural AELG:: - ECPv6.6.4.2//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-ORIGINAL-URL:https://axendacultural.aelg.gal
X-WR-CALDESC:Events for ::Axenda cultural AELG::
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Asia/Krasnoyarsk
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0700
TZOFFSETTO:+0700
TZNAME:+07
DTSTART:20260101T000000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Asia/Krasnoyarsk:20260707T200000
DTEND;TZID=Asia/Krasnoyarsk:20260707T213000
DTSTAMP:20260705T041302
CREATED:20260704T141942Z
LAST-MODIFIED:20260704T141942Z
UID:120641-1783454400-1783459800@axendacultural.aelg.gal
SUMMARY:O teatro é Manuel Lourenzo\, na Coruña
DESCRIPTION:Desde a A. C. Alexandre Bóveda:\n“O 7 de xullo\, ás 20:00 h.\, no Circo de Artesáns (Rúa Santo André\, 36\, baixo)\, na Coruña\, presentamos o acto O teatro é Manuel Lourenzo\, unha homenaxe moi especial coa que a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda quere recoñecer o legado desta figura imprescindible da nosa escena.\nAo longo de toda unha vida dedicada ao teatro\, Manuel Lourenzo non só nos deixou unha obra inmensa\, senón tamén unha maneira de entender a creación\, a lingua e o compromiso coa cultura galega. Dramaturgo\, actor\, director\, mestre e referente para varias xeracións de xente de teatro\, a súa pegada está presente en moitos dos camiños que hoxe seguimos a percorrer.\nA homenaxe correrá a cargo do noso grupo\, Alexandre Bóveda Teatro\, dirixido por Manuela Varela\, que representará seis pezas breves da súa autoría\, acompañadas doutros textos significativos. Con este espectáculo queremos achegarnos ao seu universo teatral e\, sobre todo\, darlle as grazas por escribir\, por crear\, por ensinar e por dedicar a súa vida a facer medrar o teatro galego.\nEsta homenaxe nace da admiración\, pero tamén do máis profundo afecto. Porque celebrar a Manuel Lourenzo é celebrar unha parte fundamental da nosa historia teatral e cultural.\nSerá no espazo do Circo de Artesáns\, na planta baixa. A entrada é libre ata completar a capacidade do local.”
URL:https://axendacultural.aelg.gal/event/o-teatro-e-manuel-lourenzo-na-coruna/
LOCATION:Circo de Artesáns (A Coruña)\, Circulo de Artesanos\, A Coruña
CATEGORIES:Homenaxes,Teatro,Teatro en escena
END:VEVENT
END:VCALENDAR