Marica Campo gaña o VI Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo

O VI Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2010, dotado con 1.200 euros e a publicación nos once medios de comunicación colaboradores, foi para o artigo «A procura do tesouro», da escritora lucense Marica Campo. O xurado tamén lle concedeu un accésit ao artigo «Por unha Galiza neofalante», de Marcos Abalde Covelo.

Ao certame presentáronse 39 traballos que, segundo o xurado, no seu conxunto «supoñen unha extraordinaria radiografía da visión sociolingüística do noso país».

Servizo de Normalización Lingüística
Concello de Carballo

Remata o prazo do VI Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2010

O luns 3 de maio remata o prazo do VI Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2010.

  • Outorgarase un premio de 1.200 euros e a publicación do artigo
  • Os artigos poden presentarse até o luns 3 de maio en Correos ou no Pazo da Cultura carballés
  • Co premio colaboran 11 medios, que publicarán o artigo gañador

Aínda se poderán presentar os traballos no propio Pazo da Cultura (até as 14.00 h) ou en calquera oficina de Correos do país (até a hora de peche da correspondente oficina). No caso dos artigos enviados por correo, tense en conta a data do selo de entrega en Correos, e non a data de recepción dos artigos.

Outorgarase un premio económico ao artigo gañador, dotado con 1.200 euros, ademais da difusión nos once medios colaboradores coa iniciativa: A Nosa
Terra, A Peneira, Diario de Bergantiños, El Periódico de Bergantiños-Radio Líder, Galicia Hoxe, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, Longa
Lingua, Tempos Novos, Vieiros e Xornal de Galicia.

As bases completas do premio poden consultarse no sitio web do Concello de Carballo. Tamén se pode obter máis información no teléfono 981 704 304 ou no enderezo electrónico normalizadorarrobacarballo.org.