Pontevedra: presentación de María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito, de Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre

O venres 20 de abril, ás 20:00 horas, no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra (que se celebra no Pazo da Cultura), terá lugar a presentación de María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito, de Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre, publicado por Xerais. No acto, as autoras estarán acompañadas por Manuel Bragado.

Pontevedra: remata o Salón do Libro 2017

O domingo 2 de abril finaliza o Salón do Libro de Pontevedra 2017, que se celebra no Pazo da Cultura, cos seguintes horarios: de luns a venres, de 17:00 a 20:00 h., e sábados, domingos e festivos, de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 h.

O propio domingo 2 terán lugar os seguintes actos destacados dentro do seu programa:
11:30 h. e 17:30 h. Obradoiro: Na procura da cidade imaxinaria, con Anxo Fariña. A cidade imaxinaria non é doada de atopar. Precísase moita imaxinación, ganas de pasalo ben, e capacidade de ver outras “realidades ocultas”. Nesta actividade primeiro crearemos uns lentes especiais que nos permitan atopar as pistas ocultas por todo o Salón. E grazas a esta procura, poderemos crear o micro-conto “A cidade imaxinaria” que poderemos levar para casa con nós. Unha actividade que é un xogo, unha carreira, unha procura, e un conto. Atréveste a participar coa túa familia? A partir de 6 anos. Prazas limitadas (grupos de 10 familias). Inscrición previa. A inscrición é presencial. Achégate para apuntarte ás actividades que requiran inscrición previa no horario de apertura do Salón.
Ata esgotar as prazas.
12:00 h. e 18:30 h. Conto musicado: As portas de Escaquis. Lucía Aldao, María Lado e o Seminario Permanente de Jazz. Seguro que algunha vez desexáchedes que as cousas fosen diferentes. Non sei…que o verán non rematase! Que pasaría se puidésedes abrir unha porta e ver un mundo onde o verán nunca remata? Escaquis é unha estraña nena que ten a habilidade de abrir portas onde non as hai, pero… que pasa detrás desas portas? Vós, querido público, tedes o poder de escoller o que ocorre neste conto! Unha aventura polos mundos posibles baseada na novela Escaquis e Romeu de Antonio Manuel Fraga. Recinto Feiral. Público familiar.
12:30 h. Presentación da lista de honra IBBY Galix e Encontro con Ledicia Costas e Ramón Nicolás. A escritora Fina Casalderrey fará a lectura da mensaxe do Día Internacional do Libro Infantil 2017, que este ano preparou a sección IBBY-Rusia “Medremos co libro” do escritor Sergei Makhotin. Público familiar. Entrada libre ata completar cabida.

Pontevedra: comeza o Salón do Libro

O venres 10 de marzo comeza o Salón do Libro de Pontevedra 2017, que se celebra no Pazo da Cultura, cos seguintes horarios: de luns a venres, de 17:00 a 20:00 h., e sábados, domingos e festivos, de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 h.

O propio venres 10 terá lugar o seguinte acto destacado dentro do seu programa:
19:30 h. Presentación do libro Escaquis e Romeu, de Antonio Manuel Fraga e Jacobo Fernández Serrano.

E o domingo 12:
13:00 h. Sinatura de libros de Ledicia Costas. Cos ilustradores: Andrés Meixide, Óscar Villán e Víctor Rivas.

Pontevedra: ciclo de conferencias Ciencia nas obras clásicas da literatura

OAELG Logo 3-2015 Ciclo de conferencias Ciencia nas obras clásicas da literatura, que conta coa colaboración da AELG, fai parte da iniciativa “Inspiraciencia“.

Inspiraciencia é un concurso de relatos de inspiración científica que leva aparelladas outras actividades de divulgación. Entre elas o ciclo de conferencias Ciencia nas obras clásicas da literatura, do que fai parte a seguinte, a celebrar en Pontevedra ás 18:00 horas do venres 8 de abril no marco do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra (Pazo da Cultura. Rúa de Alexandre Bóveda, s/n).

Outros animais sorprendentes de 20.000 leguas baixo dos mares, por Lara García Alves. Grupo de Ecoloxía e Biodiversidade Mariña, Instituto de Investigaciones Marinas (CSIC).

Quen lle ía a dicir ao profesor Aronnax, naturalista de profesión, que a expedición do Abraham Lincon que tiña por obxectivo darlle caza a un xigante cetáceo, converteríase nunha intrépida aventura a bordo do submarino Nautilus. Baixo o mando do capitán Nemo, o profesor Aronnax e o resto da tripulación foron testemuñas da diversidade de especies animais que habitan nas profundidades do Océano. Dende as formas máis primitivas ás mais avanzadas na evolución. Gran variedade de algas e plantas mariñas, corais, anémonas, medusas, estrelas de mar, bancos de peixes de distintas familias, exércitos de luras … unha infinidade de especies foron sucedéndose ante os seus ollos. As formas de vida planctónica están presentes tamén nesta aventura baixo dos mares, ben sexa por especies que forman parte do plancto toda a súa vida, ou por animaliños que forman parte do plancto nas etapas inicias do seu desenvolvemento.

Nesta actividade daranse a coñecer as especies máis curiosas que forman parte do plancto, relacionando ademais a forma planctónica cos animais adultos protagonistas do libro de Jules Verne. Ao remate da charla, os participantes poderán observar a través dunhas lupas, a cantidade de especies curiosas que forman parte do plancto. Deste xeito tan directo, serán conscientes da súa forma característica e do seu pequeno tamaño. Como poden estas formas tan diminutas converterse nos animais adultos? Os participantes nesta charla non volverán a pensar na lura xigante cando se fale de 20.000 leguas baixo dos mares.

Pontevedra: coloquio sobre A literatura infantil e os temas feos, con Clara do Roxo e Francisco Castro

OXV Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra domingo 22 de marzo, ás 19:30 horas, no XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra (no Pazo da Cultura), terá lugar un coloquio arredor de A literatura infantil e os temas feos, onde dous creadores conversarán sobre o emprego de asuntos tradicionalmente afastados da LIX nas súas obras. Cancro, con libros como A mamá que perdeu as cóxegas, de Clara do Roxo, ou Chamádeme Simbad, onde Francisco Castro se achega á enfermidade do Alzhéimer, constitúen un bo exemplo de como eses temas “feos” son abordados, cada día con máis naturalidade, polos nosos escritores e escritoras.

Pontevedra: presentación de Porque Cuqui non quere ir á lavadora, de María Lado

OMaría Lado venres 20 de marzo, ás 19:00 horas, no XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra (no Pazo da Cultura), preséntase Porque Cuqui non quere ir á lavadora, de María Lado, con ilustracións de Yanina Torres Tuirán, publicado por Apiario. No acto terá lugar tamén un contacontos a cargo da autora.

Pontevedra: mesa redonda A literatura infantil de onte a hoxe. Fortalezas e debilidades

OXV Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra sábado 14 de marzo, ás 19:00 horas, no XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra (no Pazo da Cultura), terá lugar unha mesa redonda sobre A literatura infantil de onte a hoxe. Fortalezas e debilidades, moderada por Paz Castro, coa participación de Blanca Roig Rechou, David Pintor, Xavier Senín, Romina Bal e Manuel Bragado. A entrada é libre.

Pontevedra: mesa redonda Alimarias, estrelas e clons, coordinada por Marilar Aleixandre

OMarilar Aleixandre venres 13 de marzo, ás 19:00 horas, no XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra (no Pazo da Cultura), terá lugar unha mesa redonda sobre Alimarias, estrelas e clons, organizada polo Consello da Cultura Galega, baixo a coordinación de Marilar Aleixandre. As ciencias son unha forma de contar o mundo, unha narración argumentada. Parte do traballo científico é comunicar estas narracións ou cambiar as que foron contadas. Por que chamar “alimarias” ao lagarto ou ao lobo? Que nos contan as estrelas? Existen os clons, fóra das novelas?

Pontevedra: espectáculo de A guerra dos números, con Lucía Aldao e María Lado

OMaría Lado e Lucía Aldao martes 3 de marzo, ás 18:30 horas, no XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra (no Auditorio Pazo da Cultura), María Lado e Lucía Aldao, co Seminario Permanente de Jazz Trío, participan no espectáculo interactivo de teatro e música, baseado no libro de OQO Editora A guerra dos números. Está dirixido a público a partir de 3 anos, cun prezo de 3 euros.