VIIº Premio de poesía “Antonio Prados Ledesma”

Bases VIIº PREMIO DE POESÍA “ANTONIO PRADOS LEDESMA” do Concello de Viveiro:
1)Poderán participar todas as persoas que o desexen, calquera que sexa a súa nacionalidade, que presenten os orixinais escritos en língua galega.
2) Os traballos terán que ser orixinais e inéditos, cun mínimo de 150 versos, mecanografados a dobre espazo en A4, escritos por unha soa cara, debidamente grampados, cosidos ou encadernados.
3) Outorgarase un único premio dotado de 1500 € e poderá ser declarado deserto.
4) As obras deberanse presentar baixo un lema, nun sobre pechado, o nome e apelidos, enderezo e teléfono do autor.
5) Os autores participantes deberán enviar cinco exemplares das obras, a seguinte dirección: CONCELLO DE VIVEIRO – VIIº PREMIO DE POESÍA “ANTONIO PRADOS LEDESMA”, Praza Maior nº 1, 27850 VIVEIRO (Lugo), antes do 25 de ABRIL de 2007.
6) O xurado será designado polo Concello de Viveiro, entre personalidades da cultura. A decisión será inapelable.
7) A participación nesta convocatoria requirirá aceptación das normas contidas nas presentes bases, así como as decisións do Xurado designado, que serán inapelables.
8) As obras poderán ser retiradas, por escrito, dentro de tres meses
posteriores á decisión do Xurado.