O Cultur.gal 08, Feira Galega das Industrias Culturais terá lugar en Palexco (A Coruña) do 4 ao 7 de decembro de 2008 e pretende ofrecer unha visión integral da produción de contidos en Galiza incluíndo todos os ámbitos das industrias culturais: as artes escénicas, o audiovisual, o libro, a música, as novas tecnoloxías para a cultura e o lecer, os servizos socioculturais, etc.
A AELG disporá dun espazo propio onde desenvolverá varias actividades.