«A Agrupación Cultural Ergueitos e a Concellaría de Cultura do Concello de Sárria presentan a convocatoria da 9ª edición do Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño. O próximo sábado 8 de novembro, ás 12:30 horas, no Salón de Plenos do Concello de Sárria presentaremos os dípticos coas bases desta 9ª edición, que serán distribuídos por toda Galicia e polos centros galegos do exterior. Este ano contamos cun novo deseño gráfico que agardamos contribúa a difundir un dos premios de poesía con máis prestixio de Galicia.» (A. C. Ergueitos – Sárria)