O próximo martes 18 de novembro terá lugar a sesión informativa do Club Lecturas Debuxadas, un club de lectura sobre COMIC que Espazo Lectura bota a andar a partir de agora e que se celebrará o terceiro martes de cada mes ás oito da tarde (20:00 h.) na biblioteca de Gondomar. Máis información no blogue de Espazo Lectura.