18.00 A feira dos nenos. Contacontos musical: Historias da fraga encantada, con Fátima e Servando Barreiro.
19.00 Presentación do libro O trasmundo de Antioquia, de Rafael Laso, publicado por Edicións Do Cumio. Xunto co autor, participará no acto o representante da editorial Cándido Meixide.
19.30 A escritora Elisa Vázquez de Gey asinará exemplares do seu libro La princesa de Kapurthala, publicado pola Editorial Planeta.
19.30 Os escritores Xulio Valcárcel (Lúa de xemas frías. Antoloxía de poesía mapuche), Alfredo Ferreiro (Metal central) e Luís G. Soto (O espíritu da letra. Nove achegas filosóficas a textos literarios), asinarán exemplares dos seus libros, publicados por Edicións Espiral Maior.
20.00 Conferencia do profesor Xesús Alonso Montero arredor dos seus libros máis recentes: Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948), publicado por Edicións Xerais de Galicia e Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega, publicado pola Editorial Galaxia.
21.00 O escritor Xavier Alcalá, presenta o seu libro Habana flash, publicado pola Editorial Nowtilus. Acompañarán ao autor os prologuistas das edicións en castelán e galego do libro, Marcelino Fernández Mallo e Francisco Fernández Naval.