O xoves 13 de agosto ás 20 horas nos locais do Museo Fernando Blanco de Lema, e dentro das actividades culturais da Feira do Libro de Cee, presentarase o libro Escapado. Do monte do Pindo ao exilio pasando pola
illa de San Simón, a primeira novela de Luis Lamela, editada por Edicións Xerais de Galicia. O autor estará acompañado por Miro Villar.