O venres 26, sábado 27 e domingo 28, de 11:00 a 21:00 h., e con acceso libre para o público, celébrase en Pontevedra a III edición do Culturgal, que se desenvolverá no Pazo de Congresos, que se presenta como un escaparate do que produce a industria cultural galega. A programación completa do Culturgal pódese descargar neste enlace. As actividades literarias pódense consultar neste arquivo: Programa editorial no Culturgal 2010.
As actividades do sábado 27 son as seguintes:
– 12:00 h. Salón do Libro. Presentación da campaña 2010-2011 de Urco Editora.
– 13:00 h. Salón do Libro. Presentación de As 50 árbores máis comúns de Europa Occidental, por Baía Edicións.
– 16:00 h. Salón do Libro. Presentación de Abelcebú, de Carlos Negro, coa participación de Paco Macías e Camilo Franco, acompañando ao autor.
– 17:00 h. Salón do Libro. Presentación de Guía de cogomelos dunares, de Xosé Manuel Castro Marcote.
Faladoiros no Salón do Libro. Entrevistas de Belén Regueira cos seguintes autores:
– 18:00 h. Xurxo Sierra Veloso, recente gañador do Premio Repsol con Os fíos.
– 18:40 h. Iván García Campos, recente gañador do Premio Blanco Amor 2010 coa súa primeira novela, O imposible de desatar.
– 19:00 h. O Cuarto dos nenos. Antón Cortizas e Carlos Coira presentan Abrapalabra!, un libro sobre maxia ilustrado por Jacobo Fernández.
– 19:30 h. Salón de actos do Libro. Presentación de En castellano no hay problema, de Carlos Callón, acompañado por Cris Quinteiro (Responsable da Mocidade pola Normalización Lingüística de Pontevedra) e Manuel Bragado.
– 19:30 h. Salón do Libro. Presentación de Contos para nenos que dormen deseguida, de Pinto & Chinto.
– 20:00 h. Salón Interdisciplinar. Presentación de A néboa amarela, de Rubén Ruibal e César Caldelas.