“Galicia e os Estados Unidos foron os principais focos de edición de autores de novena arte galegos no ano 2010. Case a metade dos libros do nosos creadores saíron en galego, e a o apoio público á edición no noso país chegou a perto dun terzo dos títulos editados. Por vez primeira, Cultura Galega presenta unha análise polo miúdo da edición de banda deseñada en Galicia. Ao longo de 2010 publicáronse un total de 85 títulos de banda deseñada, ben feita por autores galegos, ben editada por empresas e colectivos do noso país, ben na nosa lingua. Destas, 56 obras foron editadas en Galicia, totalizando nada menos que 383.640 exemplares. Na nosa análise considéranse como volumes separados as edicións dunha mesma obra en varios idiomas, e cóntanse de xeito individual os diferentes números das publicacións periódicas.”
A análise completa pódese consultar neste enlace de Cultura Galega.