A Coruña: conferencia de Estevo Creus: Un lugar sen rastro ou de como a palabra impide, no ciclo Escrita(s)

O venres Escrita(s)13 de maio, ás 20:00 h., na Galería Sargadelos (Rúa Real, 56) da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, continúa o “Ciclo Escritas 2011 Sargadelos“, que, baixo o título de “Circunvolucións”, consiste nunha serie de charlas na que se abordará a experiencia que coa(s) escrita(s) manteñen diversos autores, tratando de atravesar a partir das diferentes liñas de universo dos/das conferenciantes/conferenciantas a proliferación das inscricións que fan con nós comunidade. Nesta ocasión, Estevo Creus falará sobre Un lugar sen rastro ou de como a palabra impide. A través de intervencións e accións poéticas abrirase unha reflexión sobre a desaparición do corpo ou a aparición do corpo como inimigo no eido teórico, político, social e científico. A necesidade da literatura e as artes como mecanismo de normalización da excepción. Unha teoría sobre o perigo das teorías ou de cómo a palabra impide: e se non me deteño e dou un salto e me deteño e salto? e se me deteño e dou un salto e non me deteño e salto? O precioso é unha condición do obxeto ou o precioso é maderable? e se todo é 1 é?