Satisfacción polo Culturgal 2011

“O Pazo da Cultura de Pontevedra ateigouse un día máis de xente nesta cuarta edición da Feira das Industrias Culturais. A satisfacción do sector é unánime, tanto pola masiva resposta do público como pola crecente sintonía acadada entre as empresas dos distintos gremios. “O soño Culturgal é hoxe un proxecto consolidado”, sentencia Manuel Bragado, presidente da AGE, mentres Xulio Amigo, presidente da asociación Culturgal, recorda que o obxectivo desta edición era cualitativo: “a Feira estivo toda a fin de semana ateigada de público, pero para nós é aínda máis importante saber que toda esa xente estivo cómoda no fogar da cultura galega, que é o seu fogar”. E Beatriz Fernández, xerente de AGEM, asegura que para o sector é importante este éxito, porque “a satisfacción que amosou o público estes días coas nosas propostas nos permite, tamén, recuperar a confianza en nós mesmos”. (…)” Valoración do Culturgal 2011.
Máis repercusións desde Galaxia, Galicia Hoxe, Galicia Confidencial, La Voz de Galicia ou Manuel Bragado.