Padrón: presentación de Iria, de Anxo Angueira

O venres 15 de xuño, ás 20:30 horas, no Auditorio Centro Social de Padrón, preséntase o libro Iria, de Anxo Angueira, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Malena Barreiros e Manuel Lorenzo Baleirón.