“As
Bibliotecas Municipais de Oleiros elaboraron unha guía con 278 recomendacións de libros, DVD e CD titulada
Lecturas para ti, na que se presentan recomendacións de obras que emocionan, divirten, entreteñen, informan, instrúen ou fan pensar; que invitan a coñecer mellor a nosa cultura ou outras diferentes; bos libros para ler, analizar ou mirar; películas ou discos para gozar e compartir. Trátase dunha selección de creacións de autoras e autores galegos, españois e internacionais, para distintos gustos, intereses, preferencias e idades. Os obxectivos que desexamos conseguir son: presentar obras de calidade literaria, artística ou científica para animar a súa lectura, audición ou visionado e lembrar que un libro, un cd, ou un dvd son tamén un bo agasallo. (…)” Desde o blogue das
Bibliotecas Municipais de Oleiros.