Convocado o XVIII Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela

A Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada convoca a XVIII edición do Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela, en honra do persoeiro estradense que lle dá nome, e co obxectivo de contribuír ao fomento e difusion da cultura na Comunidade Autónoma Galega, coas seguintes

BASES

1. Convócase o XVIII Premio Xornalistico Manuel Reimóndez Portela.
2. O Premio outorgarase ao mellor traballo ou serie de traballos (ata un máximo de cinco), publicados en lingua galega, en calquera dos medios de comunicación escritos.
3. A dotación económica do Premio será de 1000 €. O premio estará suxeito ás correspondentes obrigas tributarias.
4. Ao Premio poderanse presentar traballos publicados ata o día 29 de xuño de 2013. O prazo de recepción rematará o día 1 de Agosto de 2013.
5. Os autores e autoras ou calquera lector poderá enviar un exemplar dos traballos publicados, no que conste a data de publicación, o/a autor/a e o medio, á sede da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, Zona Deportiva s/n, 36680 A Estrada, Pontevedra, ou ao enderezo fecae@feiradomoble.com.
6. O xurado cualificador presidido pola Directora Xerente da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, estará ademais integrado polos vogais que o Comité decida no seu momento e un secretario con voz pero sen voto.
7. A resolución do xurado cualificador será inapelable e darase a coñecer no mes de setembro. O premio entregarase na XXVII Feira do Moble de Galicia, que terá lugar no mes de setembro.
8. O xurado poderá declarar deserto o premio.
9. Os orixinais non premiados poderán ser devoltos, previa solicitude nun prazo máximo de trinta días a partires da data do fallo. A Fundación de Exposicións e Congresos resérvase o dereito de publicación dos traballos premiados.
10. A participación nesta convocatoria supón a aceptación das bases.