O xoves 11 de decembro, ás 19:00 horas, no auditorio do Museo do Pobo Galego (San Domingos de Bonaval), proxectarase o documental Morreu o demo. Acabouse a peseta, que leva por distintas rutas dos títeres europeos de luva até chegarmos as raíces do títere galego máis popular: Barriga Verde.
Esta proxección do documental, realizado por Pedro Solla, forma parte das actividades paralelas que acompañan a exposición temporal De feira en feira, que pode ser visitada no Museo até o 11 de xaneiro.