O xoves 20 de agosto comeza a Feira do Libro de Foz (na Praza Conde do Fontao), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 17:30 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:
– 19:00 h. Lectura do pregón a cargo de Diego Ameixeiras.
– 20:30 h. Presentación de Conduce rápido, de Diego Ameixeiras, publicado en Xerais. Ao remate do acto, asinará exemplares dos seus libros.