O mércores 2 de decembro, ás 19:00 horas, na Biblioteca de Estudos Locais (Rúa Durán Loriga, 10) da Coruña, Antonio Tizón presenta a súa novela A antesala luminosa, publicada en Xerais, e manterá un encontro co club de lectura da Biblioteca. No acto, aberto ao público en xeral, estará acompañado por Begoña Varela.