Encontro con Yolanda Castaño arredor de ‘A falsa autónoma’
Novembro 12 @ 6:30 p.m. - 8:00 p.m.
O 12 de novembro, ás 18:30 h., no salón de actos da Biblioteca Miguel González Garcés da Coruña (Rúa González Garcés, 1), o club de lectura da Biblioteca terá un encontro con Yolanda Castaño arredor de A falsa autónoma, onde a autora ofrecerá un paseo guiado polos textos do seu último poemario desvelando motivos, lecturas e debates ilustrados co recital dos propios poemas. A entrada será libre até completar a capacidade da sala.