Cargando eventos

« Todos os eventos

Presentación de Un xesto de tenrura, de Gonzalo Hermo, en Compostela

Decembro 27 @ 12:30 p.m. - 2:00 p.m.

Desde Chan da Pólvora:
““Tempo, / sé xeneroso comigo. / Dáme de novo / a vertixe do lenzo por pintar, / o abismo do verso. / / Dáme a luz das cousas que brillan neste instante. / Concédeme outra vez o seu principio”, escribe Gonzalo Hermo no seu escintilante Un xesto de tenrura, Premio González Garcés e xa elixido o mellor poemario do ano en Galicia. O próximo sábado 27, a partir das doce e media do mediodía na libraría Numax, o autor asinará exemplares do libro nun acto de celebración poética que continuará ao longo da xornada.
Un xesto de tenrura é un libro con brillo de seu na sobriedade da forma, fascinante polas atmosferas e conmovedor na profundidade. Un libro nacido, segundo o autor, dun imposible que só o poema pode concibir: o feito de acariñar o teu corpo mentres está a medrar no tempo. Este poemario agroma dos pasos da emigración e articula, desde a distancia, un reencontro íntimo co idioma e coa contorna que quedou atrás, coa familia e co pasado. É unha viaxe de volta á procura do lugar da voz e tamén o testemuño de que, nese regresar, o poema bate cos primeiros balbuceos, co abraio ante o mundo e coa “tenrura máis fonda de nomealo todo por primeira vez”, asegura Hermo para describir o que é, sen dúbida, o libro onde confirma a poderosa personalidade da sua escrita na poesía galega das últimas décadas.”

Detalles

Data:
Decembro 27
Hora:
12:30 p.m. - 2:00 p.m.
Categoría dos Evento:
,
Evento Etiquetas:
, , ,

Protagonista

Gonzalo Hermo

Recinto

Numax
Rúa Concepción Arenal, 9
Santiago de Compostela,
+ Google Map
Facebook
Twitter