Presentación de O malperder, de Pablo Fidalgo, en Vigo
Xuño 26 @ 7:00 p.m. - 8:30 p.m.
Desde Chan da Pólvora (foto do autor desde a editora):
“Entre 2013 e 2015, Pablo Fidalgo Lareo comezou a recuperar a memoria familiar, un proxecto ao que agora lle pon remate con O Malperder, un libro que acaba de publicar Chan da Pólvora e que o día 26 de xuño se presenta no Marco de Vigo, a partir das 19 horas, coa compaña da poeta Oriana Méndez. Trátase do terceiro traballo en galego de Fidalgo Lareo despois de Parangolé e Je vous salue, Fran Cortegoso, todos eles publicados en Chan da Pólvora.
Pablo Fidalgo Lareo asegura que O malperder se nutre na mística dos vencidos e dos parias, na súa alegría e nas súas resistencias intimas, esa dobre vida que na península ibérica se iniciou con marranismo no século XV e que neste libro –está claro– se identifica cos vencidos da guerra civil. Ao mesmo tempo, porén, O malperder é unha declaración de amor á súa avoa, coa que en 2013 representou unha obra de teatro en distintos escenarios do mundo. Agora ela ten 97 anos e o autor sente o desexo constante de falar con ela, de interpelala, de obter as súas derradeiraas respostas. (…)”