Cargando eventos

« Todos os eventos

Mario Regueira presenta ‘Good-bye, Galicia’, a poesía reunida de Euxenio Montes, en Compostela

Xullo 22 @ 7:00 p.m. - 8:30 p.m.

Good-bye, Galicia é o título co que Mario Regueira reúne para Chan da Pólvora a poesía galega e os ensaios de Euxenio Montes, un dos primeiros escritores vangardistas da literatura galega e, tamén, unha das figuras máis controvertidas da historia do século XX, período no que pasou de admirado activista no galeguismo a impulsor da Falange española. A edición de Regueira preséntase o vindeiro mércores 22 de xullo na libraría Couceiro de Compostela (Praza de Cervantes, 6), a partir das 19:00 h. O volume forma parte dun proxecto de Chan da Pólvora para revisar as vangardas de primeiros do século XX en Galicia.
Entre 1919, data na que publica os seus primeiros poemas en A Nosa Terra e o ano 1930, cando sofre o rexeitamento explícito doutros autores novos, Euxenio Montes foi un participante activo da cultura galega, tanto como creador ou como xornalista, con presenza relevante no debate político e estético da Galiza dos anos 20. Datos significativos da súa traxectoria posterior son a súa candidatura nos socialistas ás eleccións de 1931 e, principalmente, a súa participación na fundación da Falange en 1933.
A edición que agora se presenta en Chan da Pólvora, a cargo de Mario Regueira, céntrase na súa produción poética e nas participacións en cuestións estéticas. No volume, por tanto, está por vez primeira a poesía reunida de Montes e os seus ensaios galegos. A proposta forma parte dun proxecto máis amplo da editorial para ofrecer unha panorámica do momento –primeiros anos vinte do século XX– no que en Galicia se intentou crear un novo suxeito cultural cun discurso literario alternativo. (…)”

Detalles

Data:
Xullo 22
Hora:
7:00 p.m. - 8:30 p.m.
Categoría dos Evento:
, , ,
Evento Etiquetas:
, , , ,

Protagonistas

Mario Regueira
Euxenio Montes

Recinto

Libraría Couceiro
Librería Couceiro
Santiago de Compostela,
+ Google Map
Facebook
Twitter