Presentación de O cineasta Carlos Velo e o Consello de Galiza en México, de Xosé Enrique Acuña Rodríguez, en Compostela
Setembro 22 @ 7:00 p.m. - 9:00 p.m.
O 22 de setembro, ás 19:00 h, no Museo do Pobo Galego, preséntase o libro O cineasta Carlos Velo e o Consello de Galiza en México, de Xosé Enrique Acuña Rodríguez, editado Fundación Carlos Velo. O acto, onde participa, xunto ao autor, Marga do Val, completarase coa proxección de Los nuestros. Carlos Velo, un documental inédito da directora mexicana Lucy Orozco, sobre a vida e o exilio do profesor, científico e cineasta galego.