Artigo de Manuel Gago en Cultura Galega:
“Margarita Ledo (Castro de Rei, 1951) é unha das figuras indiscutibles da comunicación e da cultura en Galicia. Pero a súa intensa vida tamén acompaña a traxectoria cultural e política da Galicia dos últimos setenta anos. Propuxémoslle doce fotografías que son como doce áncoras ao redor da investigación, a creación, as redes persoais e o activismo, como adianto da xornada que o Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega celebra o xoves, 29 de outubro, ao redor da súa figura pioneira. Imaxinemos que nos sentamos con Margarita Ledo, servimos uns cafés, abrimos o álbum e deixámola evocar unha vida chea de viaxes, películas e persoas. (…)”