«A Asociación teenses pola igualdade, de Teo (A Coruña), convoca o II Premio de poesía María Mariño. Estará suxeito ás seguintes BASES:
1º.- Poderán participar todas as persoas poetas maiores de idade que o desexen calquera que sexa a súa nacionalidade sempre que o seu traballo veña escrito en galego.
2º.- Os poemas que se presenten terán que ser orinxinais, inéditos e non presentados noutros concursos, sendo libres o tema e maila forma.
3º.- II Premio María Mariño de Poesía estará dotado cun: Primeiro Premio de 500 Euros e un Segundo Premio de 300 Euros.
4º.- Cada concursante participará cun só poema, que non deberá exceder dos CEN VERSOS mecanografados a dobre espazo en formato DIN-A4, por unha soa cara e por quintuplicado.
5º.- Os poemas deberanse presentar baixo lema, indicando no sobre: “PARA O II PREMIO DE “POESÍA MARIA MARIÑO”. No interior do sobre que conteña o traballo, achegaráse en sobre aparte, pechado e lacrado cos seguintes datos: o nome, apelidos, carnet de identidade, enderezo e teléfono, da persoa autora do traballo así coma un resumo dos seus datos biográficos que non deberá exceder das 15 liñas.
6º.- O Xurado cualificador estará integrado por cinco personalidades das letras e da cultura galegas actuando como sexretario/a con voz e sin voto unha persoa, proposta pola directiva da Asociación. O fallo do Xurado será inapelable. A composición do Xurado así como o nome dos galardonados darase a coñecer a través dos medios de comunicación. Aos premiados comunicaráselles directamente.
7º.- A entrega dos Premios terán lugar nun acto poético en dia a sinalar dentro da Semana das Letras Galegas 2007.
8º.-O prazo improrrogable presentación dos traballos rematará ás 12 horas do 16 de abril do 2008.
9º.- Os poemas remitiranse a:
Asociación Teenses Pola Igualdade/
Escola de Vilanova, 1º andar. Recesende
15895-TEO – (A Coruña)
10º.- Os traballos gañadores quedarán en poder da Asociación Teenses Pola Igualdade que se reserva os dereitos sobre o mesmo; os traballos presentados non premiados, deberán ser retirados polos autores previo identificación, no prazo de dous meses dende a entrega do Premio, transcurrido dito prazo procederáse a súa destrucción.
11º.-A participación neste concurso implica a total aceptación das presentes Bases. Tódalas incidencias non previstas nas mesmas serán resoltas pola Directiva da Asociación ou polo Xurado cando este quede constituido.
A Librería ABRAXAS de Santiago de Compostela patrocina a presente edición do II Premio de Poesia Maria Mariño.
TEO, 15 de xaneiro do 2009.»
(A Xunta Directiva)