Cargando eventos

« Todos os eventos

A Escritora na súa Terra: Eva Veiga. Pontedeume

Xuño 13 @ 11:30 a.m. - 2:00 p.m.

A Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chega este ano á súa XXXII edición, recaendo na figura da poeta Eva Veiga, de quen se destaca, dentro da súa importante traxectoria vital, a súa amplamente recoñecida obra literaria. Está previsto que sexa homenaxeada en Pontedeume en xuño de 2026.

Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebración na que a terra de acollida do homenaxeado ten unha presenza fundamental. É vontade da AELG honrar escritoras/es procurando o contacto directo coa autora e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.

Unha celebración múltiple e popular en que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritora (unha peza escultórica), a plantación dunha árbore simbólica elixida pola propia autora, e a colocación dun monólito conmemorativo.

PROGRAMA DE ACTOS

11:30 h. Descubrimento do monólito conmemorativo e plantación da árbore escollida pola autora. No Paseo Fluvial Rosalía de Castro (Pontedeume). Acceso libre para todo o público.
Intervencións de:
– Bernardo Fernández Piñeiro, Alcaldía de Pontedeume.
Cesáreo Sánchez Iglesias, Presidencia da AELG.
– Eva Veiga.

12:30 h. Acto de entrega da “Letra E”.  Casa da Cultura de Pontedeume (Avenida de Raxoi). Acceso libre para todo o público, até completar capacidade do espazo.
Intervencións de:
– Bernardo Fernández Piñeiro, Alcaldía de Pontedeume.
– Lectura da concesión da Letra E. Beatriz Maceda Abeleira, Vicepresidencia da AELG.
– Cesáreo Sánchez Iglesias, Presidencia da AELG.
Laudatio da autora, por Teresa Seara.
– Entrega da peza escultórica, elaborada por Soledad Penalta.
– Eva Veiga. Intervención da homenaxeada. Resposta á laudatio.

14:30 h. Xantar de confraternidade posterior no Restaurante La Ría (Allón, Pontedeume).
As persoas interesadas en participar do xantar deberán anotarse previamente no correo electrónico oficina@aelg.org, indicando o seu nome, apelidos e número de teléfono, até o 2 de xuño de 2026. O prezo é de 40 euros.

Esta ligazón de Google Maps indica o camiño entre os tres lugares, incluído o restaurante.

Facebook
Twitter