Cargando eventos

« Todos os eventos

Luz Darriba presenta Madrugadas feroces, na Coruña

Xuño 29 @ 8:00 p.m. - 9:30 p.m.

Desde a A. C. Alexandre Bóveda:
“O luns 29 de xuño ás 20.00 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36, 1º), na Coruña, cibimos a Luz Darriba para a presentación da súa obra Madrugadas feroces. A autora descríbeo como un libro conformado por moitos recortes de cadernos que estiveron dispersos coma a súa propia vida, cheos de incongruencias, amarelados polo paso do tempo e atravesados polas furias, as agonías e as lembranzas.
Neste encontro afondaremos nun proxecto que naceu tras andar entre palabras cortadas e gritos, armando durante un tempo incalculábel infinitas versións dunha mesma cousa: a estrañeza propia. Darriba permitiu que os poemas decidisen os seus compañeiros de viaxe, saudándose nestes espazos novos xunto ás ilustracións na procura de armar todas as súas partes. O proceso creativo estivo marcado polo xogo co I Ching; tras tirar as moedas, os poemas mudaron os seus nomes polos hexagramas correspondentes buscando un novo sentido.
A autora armouse de ousadía en terra de poetas, vencendo o síndrome da impostora para transitar do amarelo do papel ao branco da pantalla dixital. O resultado destas chamadas de auxilio é unha xoia multidisciplinar: 18 poemas, 18 gravados dixitais asinados e numerados, un deles intervido á man, e 18 pezas sonoras. Un libro de artista para que o lectorado lle atope outras lecturas posíbeis.”

Detalles

Data:
Xuño 29
Hora:
8:00 p.m. - 9:30 p.m.
Categoría dos Evento:
, , ,
Evento Etiquetas:
, ,

Protagonista

Luz Darriba
Ver a páxina web do Protagonista

Recinto

Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
Asociación Cultural Alexandre Bóveda
A Coruña,
+ Google Map
Facebook
Twitter