Palestra “Os actores que representaron a Xesús de Nazaret no cine”, por Victorino Pérez Prieto, na Coruña
Marzo 11 @ 7:30 p.m. - 9:00 p.m.
O 11 de marzo, ás 19:30 h., na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36, 1º), na Coruña, acóllese a palestra Os actores que representaron a Xesús de Nazareth no cine, impartida por Victorino Pérez Prieto. Nesta sesión, realizarase un percorrido detallado pola historia da sétima arte para analizar como a figura de Xesús de Nazaret foi interpretada desde as orixes do cine mudo ata as producións máis contemporáneas. As persoas interesadas poden inscribirse aquí.