Xurxo Souto presenta A novela do Bravú, na Coruña
Marzo 5 @ 8:00 p.m. - 9:30 p.m.
O 5 de marzo, ás 20:00 horas, na Asociación Veciñal Agra do Orzán (Rúa Entrepenas, 38, soto), na Coruña, Xurxo Souto presenta A novela do Bravú, publicado por Xerais. No acto, o público poderá coñecer de primeira man o proceso creativo, partillar impresións co autor e descubrir os segredos desta nova obra. A entrada será libre até completar a capacidade do local.